Esta páxina achega un pequeno estudo toponímico das distintas parroquias do concello.
Esperamos que poida ser de utilidade para o que sinta curiosidade por un tema que nos amosa unha pequena vista á nosa historia, aos que pasaron por estas terrras e lles deron nome.
Non é unha lista exhaustiva, primeiramente omitimos todos aqueles topónimos con significado transparente, cuxa explicación sería de pouco valor. Ademais, dado que para este concello non están recollidos oficialmente os microtopónimos, esta páxina "soamente" recolle aqueles que figuran no "Nomenclator", que corresponden cos nomes de núcleos de poboación e freguesías.
É unha páxina viva: irá medrando conforme vaiamos tendo tempo e vaiamos tendo axuda. En particular sería de axuda ter soporte e acceso a documentación medieval que nos permitise contrastar os nomes actuais coa súa representación antiga.
---- ----- ---- ------- ------ ------ -----
ACIVEIRAL (O Freixo)Os nomes "aciveiral", "acivedo", "acivido", indican un lugar onde abundan (abundaron) os acevos, tamén chamados acivos ou acivros (Ilex aquifolium).
Hai outro "aciveiral" nas Neves (Ortigueira ).
ADÁ (O Freixo, As Pontes)
Este lugar do Freixo figura atestado no Catastro de Ensenada para O Freixo (1752), ao referir os muíños da freguesía. Tamén no das Pontes (1752) vén o "marco do lombo de Adá" ao delimitar a freguesía, así como o "sitio de Adá" ao relatar os muíños.

Debe ter a mesma orixe que o Adá existente en Chantada, atestado como Adaam (1268) e Adaan (1284), para o que Piel-Kremer derivan do nome xermánico Ata(ne). A evolución Atane > Adai > Adá non é estraña, así recollemos para Terbá a forma antiga Tiuirai, que proviría de (uilla) Tibirani (ver TERBÁ).
O topónimo remite, xa que logo, a unha (uilla) Atani, referindo ao nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, casal, expotación agraria).
O topónimo remite, xa que logo, a unha (uilla) Atani, referindo ao nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, casal, expotación agraria).
É un nome de orixe xermánica. Como nos demais topónimos con etimoloxía xermánica, é importante notar que non indica que o posesor fose desa orixe, simplemente os nomes desa orixe foron populares na Idade Media. O que si nos indica é a antigüidade do lugar, tendo en conta que tales nomes deixaron de usarse a partir do século XI (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
ALDEA DE ARRIBA, A (Somede)
ALDEA DE ABAIXO, A (Somede)
A voz "aldea", de orixe árabe (do andalusí aḍḍáy’a), aínda que con difusión tardía no galego, a partir da súa introdución tivo unha gran difusión, tendo 134 ocorrencias na toponimia galega (cf. A. Boullón, 2021. "Panorama da toponimia galega (a través dos seus nomes máis frecuentes)", in Estudos Linguísticos e Literários 71).
En efecto, non aparece na documentación galega ata o séc. XII, e en referencia a núcleos galegos aparece no século XIII (“in aldea de Pineyra de predicto monasterio” a.1223, Ferreira de Pallares).
En galego mantivo o significado semellante ao que tiña en árabe: ‘núcleo pequeno de poboación, de carácter rural e con poucos veciños’.
ALMIGONDE (Espiñaredo)
Derivado dunha *(uilla) Elmigundi, forma en xenitivo de Elmigundus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla ('expotación agraria'), nome de orixe xermánica.
ALIMPADOIROS (Vilavella)
Está atestado no Catastro de Ensenada para O Deveso (1752), as "Penas do alinpadoyro" ao relatar os límites da freguesía.

Este topónimo remite ao lugar, xeralmente unha aira, común ou particular, onde aventaban o cereal despois de o mallar co mallo. Este aventamento era realizado para separar a gra da casca e do po.
O lugar debía ser ben soleado e aireado para facilitar o aventamento.
Este lugar de Alimpadoiros semella encaixar ben con estas características, no alto e algo apartado do centro da poboación. De aí que supoñemos que sería orixinariamente un lugar comunal, que se usaría por roldas como ocorría en moitas eiras.
ALVARÓN (As Pontes)
Topónimo que remite a unha *(uilla) Alvaroni, forma en xenitivo de Alvaronis, referindo ao nome do antigo posesor da uilla altomedieval ('expotación agraria'), nome de orixe xermánica. Aínda que non o atopamos atestado en Galiza, si aparece en Portugal, en Penafiel (cf. p. 161 de A. Fernandes. "Paróquias Suevas e Dioceses Visigóticas").
APARRAL, O (O Aparral)
APARRAL DE ABAIXO, O (O Aparral)
APARRAL DE ARRIBA, O (O Aparral)
A freguesía do Aparral está atestada no 1488 como "Parral" (cf. ITGM).Tendo en conta a atestación indicada, este topónimo viría da voz "parral", que refire a unha armazón de vides, conxunto de parras. A acepción que mellor encaixa para un topónimo é a que recolle o dicionario de "viña cuxas vides están confguradas en parras" (cf. DdD).
Por outro lado, tendo en conta que o topónimo "Parga" de Guitiriz, que ten orixe prelatina, está atestado na Idade Media como Aparreca, Aparraca, tamén podemos pensar que este "Aparral" estea relacionado e teñan ambos os dous unha orixe prerromana, sin nada que ver coas vides nin coas parras.
ARES (O Aparral)
Topónimo de orixe prerromana, probablemente derivado do elemento prerromano, *ana- 'barro, lodo, charco, pantano, auga', elemento moi difundido na toponimia galega, posiblemente de orixe céltica. Sería o mesmo tema que se conserva na segunda parte do hidrónimo Guadi-ana, ou tamén na posterior análise realizada máis adiante para "O Ar" (Goente). Así mesmo, o lugar de Hombre (Pastor, Pino, A Coruña), que esta atestado como Anobre no ano 971 (antes da caída dos n intervogálicos: "in ualle Bauegio uilla Anobre". Este Anobre, ademais, levando o sufixo celta -obre, derivado de *briga 'cidadela' (cf. E. Bascuas, "Mondoñedo y Valoría", in "Estudios Mindonienses". Num. 17).
En efecto, é probable unha orixe coincidente coa do topónimo homónimo que dá nome ao concello da Coruña próximo a Ferrol. Está atestado en 1137 'Sancti Martini de Aares', que se pode restituír con moita probabilidade a *Anaris, derivando da dita raíz *ana-, presente tamén no galo anam 'paludem' segundo o Glosario de Endlicher. Esta é a hipótese que defenden J. J. Moralejo, I. Millán, Monteagudo e o propio Bascuas (cf. Bascuas, ibidem. Cf. J. J. Moralejo "Hidronimia prerromana de Gallaecia" in "Onomástica Galega II").
Por outra banda, tal como indica Bascuas, se non provir dese Anaris, tamén podería ter unha orixe no tema hidronímico *ar-, derivado da raíz indoeuropea *er- 'moverse'. A documentación medieval podería esclarecer o caso.
AZOREIRA, A (O Deveso, A Faeira)O lugar debía ser ben soleado e aireado para facilitar o aventamento.

AR, O (Goente)
Topónimo de orixe prerromana, derivado do elemento prerromano *ana- 'barro, lodo, charco, pantano, auga', elemento moi difundido na toponimia galega, e posiblemente de orixe céltica. Sería o mesmo tema que se conserva na segunda parte do hidrónimo Guadi-ana, ou tamén na anterior análise realizada para "Ares" (O Aparral). Así mesmo, o lugar de Hombre (Pastor, Pino, A Coruña), que esta atestado como Anobre no ano 971 (antes da caída dos n intervogálicos: "in ualle Bauegio uilla Anobre". Este Anobre, ademais, levando o sufixo celta -obre, derivado de *briga 'cidadela' (cf. E. Bascuas, "Mondoñedo y Valoría", in "Estudios Mindonienses". Num. 17).
Así mesmo, os múltiples "Anido" existentes, como o lugar de Bares (Mañón), o lugar de Frexulfe (O Valadouro), tamén virían deste elemento, neste caso con xeminación da consoante, *ann-, e co sufixo abundancial.
Bascuas refire este topónimo "Ar" como un dos dous posibles na mención en 1252 de 'Vermún Ovequez d-Aar', atestado no Tombo de Caaveiro. Se fose este Aar, con moita probabilidade derivaría dun *Anarem, a partir do elemento *ana- comentado previamente.(cf. p. 20, E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
Por outra banda, tal como indica Bascuas, se non provir dese Aar, entón tamén podería ter unha orixe no tema hidronímico *ar-, derivado da raíz indoeuropea *er- 'moverse'.

Lugar onde abundan ou abondaban os azores, talvez con significado metafórico para indicar o seu lugar no alto.
Eladio Rodríguez tamén recolle a acepción de 'lugar onde hai azores amansados' (cf. DdD.
É un topónimo frecuente, así atopamolo en Muras, Alfoz, Xove, Valadouro, Xermade, etc.
O lugar da Azoreira do Deveso está atestado no Catastro de Ensenada para O Deveso (1752) ao relatar os muíños da freguesía.
BADÓN (As Pontes)
Lugar que remite a unha antiga *(uilla) Baddoni, forma en xenitivo xermánico de *Baddo, o nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, casal, explotación agrícola).
O nome Baddo sería un hipocorístico de orixe goda. Como se sabe, a declinación -o, -oni é frecuente nos nomes de orixe xermánica, especialmente nos monotemáticos hipocorísticos - cf. e.g. p, 33 de A. Boullón, "Antroponimia medieval galega (ss. VIII–XII)"
En efecto, a orixe da raíz Bad- foi xa analizada por J. Piel, que postulou para o topónimo "Bade" unha procedencia en Badde, xenitivo tamén de Baddo, nome de orixe gótica. Para Baddo, derívao como forma cariñosa de Baldo, formado a partir do elemento gótico bald- 'audaz'. Cf. p. 223 e ss. de J. Piel, "Os nomes germânicos na toponímia portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo II.

É importante notar que, aínda habendo pouca dúbida de o topónimo corresponder cun nomen possessoris dunha vila medieval (tratándose dunha entidade de poboación, terminación do topónimo en -oi), o nome concreto é apenas unha suposición, plausible pero sen probas documentais.
Os datos do Nomenclator son coherentes con esta hipótese: no veciño concello de Xermade existe un núcleo de poboación chamado Badoi, que encaixaría coa mesma orixe. Un reforza o outro..
BALSA, A (As Pontes)
O topónimo "balsa" é de orixe prerromana, e alude a unha charqueira, un estanque, e tamén un lugar onde medra a vexetación.
Segundo F. Villar, deriva da raíz *bhel- 'branco, brillar', con extensión -s-. Cf. p. 299 de "Indoeuropeos y no indoeuropeos en la Hispania prerromana".
BAÑAL, O (As Pontes)
A voz "bañal" aparece recollida no galego oriental coa acepción aproximada de "artesa" (cf. DdD). Noutras zonas, aínda que non aparece atestada, remite a unha vagoada que recolle as augas de chuvia, fontes ou rego.
Xa que logo, estes topónimos Bañal, rexistrados en Galiza (e fóra, como "Os Bañals" de Aragón), deben remitir tanto a un lugar en forma de valgada, no que nalgúns casos podía quedar apozada auga.
Na mesma parroquia atopamos tamén "A CASILLA DO BAÑAL". Ver "A CASILLA".
BAROSA, A (Vilavella)
BAROSAS, AS (Vilavella)
A Barosa era un lugar da parroquia da Vilavella. As Barosas son coñecidas, entre outras cousas, polo asasinato no contexto do 1936.
Os topónimos Barosa, Baroso teñen orixe prerromana, relacionadon coa forma "Vara", que E. Bascuas e outros autores derivan da raíz hidronímica indoeuropea *awer-, 'auga, mollar, chover, fluxo' (cf. E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega": 91).
O sufixo -oso é un abundancial, polo que Barosa indicaría algo similar a 'lugar onde abunda a auga' - este sufixo, aínda sendo romance é frecuente en hidrónimos prelatinos, tais como "Arnoso", ""Argomoso", etc.
É un "irmán" da "Punta Varenta" (Cariño), con sufixación distinta pero igual raíz e significado. Está relacionado igualmente con Varis, actual Bares (Mañón).
É de notar que, aínda que se podería pensar nun abundancial do apelativo común "vara", é improbable pola existencia do conxunto indicado, en especial de "Varenta". Igualmente, Gonzalo Navaza tampouco o inclúe no seu estudo de fitotopónimos.
Atopamos un "Baroso" en Ambosores (Ourol).
BENADE (A Faeira)
De *(uilla) Bennati, forma en xenitivo de Ben-natus 'ben nacido', referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe latina.
BERMUI (Bermui)
Topónimo que remite a unha antiga *(uilla) Veremudi, forma en xenitivo de Veremudus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, expotación agraria), nome de orixe xermánica.
Aínda que o antropónimo podería ter sido tamén Beremudus, cremos máis probable Veremudus, dada a súa abundante atestación, xa no século IX (cf. aquí). Ademais, sendo que no século IX aínda se distinguía entre os fonemas /b/ e /v/, máis aínda no comezo de palabra, torna improbable, escribíndose con V, que derivase de Beremudus.
BESURA, A (O Aparral)
Figura atestado no Catastro de Ensenada para O Aparral (1752), ao referir os muíños da freguesía.

O termo "vesura" é un topónimo moi abundante en Galiza, aínda que con significado incerto. Deriva de "vesar", 'arar profundamente, virando a terra, de modo que a tona e o terrón vaian para o fondo do rego' (cf. DdD). Alternativamente, podería provir de "avesura", relativo a lugar vesío.
BRANDIÁN (Somede)
De *(uilla) Brandilani, forma en xenitivo de Brandila, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica. da raíz gótica *brand- 'espada', e o sufixo hipocorístico -ila(ne).
O termo "busto" indica lugar para pasto, "rabaño de gando vacún" ou "curral de bois e vacas", xeralmente no monte, lonxe das poboacións.
Gonzalo Navaza, na súa Toponimia de Catoira, di que os topónimos "Busto" e "Bustelo" naceron na Alta Idade Media como granxas ao cargo dunha familia de servos que coidaba os rabaños dun señor. Neste sentido, e seguindo a J. J. Moralejo, M. Costa deriva bustum do composto proto-céltico *bou-st-om 'estancia para as vacas', á súa vez derivado da raíz indoeuropea *gwōw- 'vaca' (cf. IEW: 482).
BORRALLAS, AS (As Pontes)
O termo borralla designa a cinza, o residuo de madeira totalmente queimada.
A orixe do topónimo pode estar nas actividades de roza: cando se cavaba na roza, facían borralladas cos toxos, etc, que servían de abono para a sementeira de centeo ou trigo que se facía na roza.
De *(uilla) Brandilani, forma en xenitivo de Brandila, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica. da raíz gótica *brand- 'espada', e o sufixo hipocorístico -ila(ne).
BRIXEO, O (As Pontes)
Derivado do latín vulgar viridiagiu, que faría referencia á súa cor verde da vexetación.
Este topónimo é recollido por Bascuas, quen o relaciona co castelán "Berceo", o cal segundo M. Pidal tería esta orixe, a través dunha forma intermedia atestada Vergegiu (cf. p. 468 de E. Bascuas, "Mondoñedo y Valoría", in "Estudios Mindonienses". Num. 17).
Da mesma orixe serían outros dous topónimos Brixeo, en Cambás (Aranga) e en Salgueiros (Monterroso). Igualmente sería Berxeo en Meda (Castroverde).
BUSTO, O (O Freixo)Derivado do latín vulgar viridiagiu, que faría referencia á súa cor verde da vexetación.
Este topónimo é recollido por Bascuas, quen o relaciona co castelán "Berceo", o cal segundo M. Pidal tería esta orixe, a través dunha forma intermedia atestada Vergegiu (cf. p. 468 de E. Bascuas, "Mondoñedo y Valoría", in "Estudios Mindonienses". Num. 17).
Da mesma orixe serían outros dous topónimos Brixeo, en Cambás (Aranga) e en Salgueiros (Monterroso). Igualmente sería Berxeo en Meda (Castroverde).
O termo "busto" indica lugar para pasto, "rabaño de gando vacún" ou "curral de bois e vacas", xeralmente no monte, lonxe das poboacións.
Gonzalo Navaza, na súa Toponimia de Catoira, di que os topónimos "Busto" e "Bustelo" naceron na Alta Idade Media como granxas ao cargo dunha familia de servos que coidaba os rabaños dun señor. Neste sentido, e seguindo a J. J. Moralejo, M. Costa deriva bustum do composto proto-céltico *bou-st-om 'estancia para as vacas', á súa vez derivado da raíz indoeuropea *gwōw- 'vaca' (cf. IEW: 482).
CABALAR (Somede)
Figura atestado como "cavalares" no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Figura atestado como "cavalares" no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.
O adxectivo "Cabalar" por veces remite a unha "(pedra) cabalar" ou cabaleira, unha pedra que monta sobre doutra (cf. E. Rivas, 1989. "Lingua galega, historia e fenomenoloxía"). Xa aparecen atestadas desde antigo:
- ano 572: " ...Portelam de Angares veniens ad Petram Cavalar .."- ano 1169 : " ... ad illam magnam petram nativam que est juxta portum cavalar .."
Tamén na toponimia actual, nagúns casos semella aludir a unha"pena". Así, nas Somozas o Nomenclator rexistra "A Leira das Cabalares", e en Pobra de Trives "A Cabalar", ambos en femenino, polo que encaixaría que o nome destes topónimos elíptico foi "pedra" ou "pena". En Vigo (Pontevedra) atopamos un "A Cabalaria" e ao pé del "A Pedra Cabalaria", onde se conservou o suxeito, así como a forma culta.
Sería preciso confirmar ou descartar a existencia de tal penedo para este lugar. de Somede
Alternativamente, pode tratarse dun zootopónimo, remitindo á presenza de cabalos, talvez selvaxes.
Nas Somozas, en Ortigueira , en Ourol e en Cerceda figuran igualmente outros Cabalar, os catro igualmente entidades de poboación.
CABANDELAS, AS (O Freixo)
Forma en plural, diminutivo de "cabana", do latín capanna 'cabana'. Inclúe o diminutivo antigo en -ela, que nos remite á súa antigüidade.
CACHOPAL, O (Ribadeume)
Lugar onde abundan as cachopas ou cachopos.
O dicionario define "cachopa" como 'toro (tronco) groso e vello, ben aínda en pé ou xa cortado'. Tamén como "cepo". Tronco seco, ou medio seco, de árbore, especialmente castiñeiro.
Para "cachopo", aclaranos que se "diferencia da cachopa en que esta indica árbore de maiores dimensións" (cf. DdD).
Considerando todo o anterior, un cachopal entenderíamolo como sinonimo de cepedal, lugar onde se cortou a madeira, posiblemente castiñeiros, e quedaron os cepos. É de notar que, dadas as acepcións existentes, tamén se podía interpretar como "lugar onde abundan as árbores caídas ou secas", pero isto sería improbable nunha cultura que aproveitaba ao máximo as árbores e non as deixaría esvaecer sen as aproveitar antes.
Os topónimos "Calvo", "Calva", "Calvelo", "Calvela" e "Calveira" refiren metaforicamente a un lugar sen vexetación arbórea ou arbustiva.

CADAVÁS GRANDES, OS (San Pedro de Eume)
CADAVÁS PEQUENOS, OS (San Pedro de Eume),
Plural de "cadaval", lugar onde abundan os cádavos, "toxal queimado no que permanecen os cepos dos toxos en pé" (cf. DdD).
En portugués "cadava" ten o mesmo significado. Cf. Priberam.
CALVELA, A (Somede)CADAVÁS PEQUENOS, OS (San Pedro de Eume),
Plural de "cadaval", lugar onde abundan os cádavos, "toxal queimado no que permanecen os cepos dos toxos en pé" (cf. DdD).
En portugués "cadava" ten o mesmo significado. Cf. Priberam.
Os topónimos "Calvo", "Calva", "Calvelo", "Calvela" e "Calveira" refiren metaforicamente a un lugar sen vexetación arbórea ou arbustiva.
CAMELEIRO, O (Ribadeume)
CAMELEIROS, OS (San Pedro de Eume)
Estes dous topónimos, máis que aludir ao animal camelo, deben aludir a unha variedade de macieira dese nome, cuxo froito se chama camelo, e se caracteriza por ser moi tardía (cf. DdD).
Tamén pode aludir á árbore cameleira, tamén chamada camelio (cf. Estraviz).
CANCELAS, AS (O Deveso, O Freixo)
O significado é transparente, unha "cancela", do latín tardío cancella. Na toponimia dá nome a un terreo, curral ou lugar pechado por unha cancela, a cal evitaba o paso do gado e das persoas.
En paralelo á súa vixencia, o apelativo "cancela" cristalizou na toponimia ben cedo. Atopámolo como topónimo, a modo de exemplo, nun documento de 1399:
" .. outro tarreo que faz na cancela de Goente .."
Eladio Rodríguez, a respecto das cancelas, fai no seu dicionario un comentario etnográfico indicando a crenza de que antigamente se reunían as almas dos defuntos xunto delas e por iso non se pechan con violencia, para non mancar os espíritos que veñen do máis alá (cf. DdD).
CANDEDO, O (O Aparral)
CANDEDOS DE ARRIBA, OS (O Freixo)
CANDEDOS DE ABAIXO, OS (O Freixo)
Un "candedo" sería sinónimo de garabullal, lugar onde hai "candos" ('garabullos, guizos'). Cf. aquí. Cf. E. Rivas (2001).
CANDEDOS DE ARRIBA, OS (O Freixo)
CANDEDOS DE ABAIXO, OS (O Freixo)
Un "candedo" sería sinónimo de garabullal, lugar onde hai "candos" ('garabullos, guizos'). Cf. aquí. Cf. E. Rivas (2001).
No sistema agrario tradicional estendérase a práctica das rozas, con queimas do monte, e os restos carbonizados resultantes eran aproveitados a cotío como combustible doméstico.
En Galiza rexístranse outros topónimos relacionados: Candaedo, Candaendo, a Canda, o Candal, Candaoso, Candaosa, etc. En Asturias, León e Zamora existen as formas correspondentes Cándano, Cándana, Candanal, etc.
CANEIRO, O (As Pontes)
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.

Os "caneiros" xa foron definidos por Sarmiento como "Los canales de los ríos para la pesca" (M. Sarmiento (1746-1755c): Catálogo de voces y frases de la lengua gallega").
O dicionario de (M. Valladares (1884): Diccionario gallego-castellano") dalle un sentido máis específico, que talvez fose o caso:
O dicionario de (M. Valladares (1884): Diccionario gallego-castellano") dalle un sentido máis específico, que talvez fose o caso:
"Canal de pesca, compuesto ordinariamente de dos muros, ó estacadas, llamados guiares (V. guiar); muros, ó estacadas, que desde las opuestas orillas de un rio convergen en determinado punto del mismo, formando angulo, en cuyo vértice hay uno ó mas boquetes, para colocar las redes que son á manera de manga y destinadas por lo regular, á coger anguilas."
Tamén se recolle para "caneiro" a acepción de "canizo", pero tería peor encaixe para un topónimo.
CAIVANCAS, AS (Goente)
O dicionario define caivanca como 'depresión suave do terreo' (cf. RAG).
CAIVANCAS, AS (Goente)
O dicionario define caivanca como 'depresión suave do terreo' (cf. RAG).
Vén atestado outro Caivanca próximo en Momán, no Catastro de Ensenada de Momán (1753) ao describir os límites da freguesía:
... "marco de seixo que se nombra da Caibanca do rigueiro"...
CARELLE (Ermo)
O termo "Carelle" derivaría de (uilla) Carellii, forma en xenitivo de Carellius, o nome dun antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval.
Para Joseph Piel viría de (uilla) Carilli, forma en xenitivo de Carillus (cf. J. Piel. "Nomes de possessores latino-Cristãos". Biblos). Porén, é improbábel que mudase a vogal tónica de "i" para "e" aberto.
Atópase outros Carelle en Ortigueira e en Muras, entre outros.
CARREIRA, A (Espiñaredo, Ribadeume)
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para Espiñaredo (1752), ao referir os muíños da freguesía.
O apelativo "carreira", presente no galego, remite a unha (vía) carreira, un camiño feito para a pasaxe de carros ou incluso á presenza de "antigos carrís creados polo paso continuado de carros". Deriva do latín vulgar carraria, feminino do adxectivo carrarius, derivado do substantivo carru (> galego carro), un termo céltico que incorporou o latín.
O Nomenclátor rexistra o topónimo A Carreira noutros 44 concellos galegos, así como a forma en plural As Carreiras, nos concellos do Barco de Valdeorras, Lalín, Mañón, Monfero e A Pastoriza. Tamén encontramos ambas singular e plural sen artigo Carreira en Ames, Padrenda, Ponteareas, Taboada e Zas; e Carreiras en Lalín, Lobeira e Pontecesures. Alén diso, forma parte de nomes de lugar compostos, como Bocacarreira (Begonte), A Carreira Vella (Outeiro de Rei) ou Ponte Carreira (Frades).
CASA DO RAQUE, A (Ribadeume)
Este topónimo presenta unha forma deturpada por "A Casa de Orraca", cunha falsa división do sintagma "de Orraca". Remitiría á antiga dona da casa.
O nome "Orraca", cunha base ibérica ou vasca, foi popular na Idade Media.
O Catastro de Ensenada para Ribadeume (1752) menciona o "porto do Raque" e mais a "fonte do Raque" ao referir os límites da freguesía.
CASAS ERMAS, AS (O Aparral)
En galego, o adxectivo "ermo" aplicado a un lugar indica un sitio vougo, deshabitado e sen cultivar (cf. DdD). Provén do latín eremus 'deserto, solitario, inculto'.
CASAL DO PAIO, O (O Deveso)
Topónimo transparente, que remite a un casal dun posesor chamado Paio.
A voz "casal" procede do latín casalis. Un casal designaba na Idade Media unha propiedade illada no campo, tanto a casa coma as dependencias auxiliares. Máis tarde pasou a referirse a un grupo de casas nunha aldea.
CERNADA, A (O Deveso)
Indicaría, xa que logo, un lugar que antigamente quedara deshabitado.
O Catastro de Ensenada para Ribadeume (1752) menciona o "Río da Vilerma" ao referir os muíños da freguesía.
CASAL DO PAIO, O (O Deveso)
Topónimo transparente, que remite a un casal dun posesor chamado Paio.
A voz "casal" procede do latín casalis. Un casal designaba na Idade Media unha propiedade illada no campo, tanto a casa coma as dependencias auxiliares. Máis tarde pasou a referirse a un grupo de casas nunha aldea.
CASCALISTO (Goente)
Do sintagma Casa Calixto, referindo ao nome do antigo posesor do lugar.
Do sintagma Casa Calixto, referindo ao nome do antigo posesor do lugar.
O formato Cas+Nome é frecuente na toponimia galega.
Existe outro "Catarou" en Viveiro, o cal correspondará co referido nun documento en latín de 1166, xa grafado "Catarou". Ademais, existen outros "Catarou" en Santa Cilla (Foz), así como un "Catarón" en Sobrado.
Tendo en conta as formas Catarou e Catarón, ambas provirían dun *Cataroni, ambas evolucións diferentes pero encaixando na evolución do galego.
Debe ter orixe prelatina, nun elemento *kat(t)-, podendo referirse a un lugar nun outeiro ou ben ser un nome persoal derivado. Ver entrada do blog específica para máis detalles.
Nicandro Ares, para o Catarou de Viveiro, aínda asignándolle orixe descoñecida, indica a hipótese dun apelido, e cita o exemplo de "Domingo de Catarrón" (cf. N. Ares, 2011. "Estudos de toponimia galega"). Sen descartar totalemente esta hipótese, actualmente coñécese que na documentación antiga indicábase moitas veces o nome seguido polo lugar de procedencia, co cal non parece encaixar a hipótese de Nicandro.
CASILLA, A (Goente)
CASILLA, A (Espiñaredo)
CASILLA, A (O Aparral)
CASILLA DO BAÑAL, A (As Pontes)
O nome "casilla", é un castelanismo por "caseta", "garita". Este termo foi introducido a partir do século XIX para designar as vivendas destinadas aos camiñeiros, encargados da conservación das estradas.
Construídas en todas as estradas principais, as "casillas" foron postas en funcionamento coa Real Orde de 26 de febreiro de 1852.
É un topónimo moi estendido en Galiza e, nalgúns dos casos, tamén parece indicar a existencia dun dolmen, "forno dos mouros".
CASTELO, O (Vilavella)
Topónimo con orixe na palabra latina castellum ‘forte, reduto’, diminutivo de castrum ‘campamento fortificado’. É un topónimo moi frecuente en Galiza.
A motivación deste topónimo pode vir tanto dunha fortificación medieval como por unha aplicación metafórica para nomear un outeiro do terreo, houbese ou non algún tipo de fortificación. Os vestixios de castros prehistóricos tamén reciben este nome, polo xeral ao estaren situados en lugares elevados no terreo, non por unha referencia a unha entidade xeográfica ou étnica dos pobos da Gallaecia durante a administración romana.
CASTRO, O (Bermui, Espiñaredo, Seoane)
CASTROS, OS (Ribadeume)
CATAROU, O (As Pontes)Topónimo con orixe na palabra latina castellum ‘forte, reduto’, diminutivo de castrum ‘campamento fortificado’. É un topónimo moi frecuente en Galiza.
A motivación deste topónimo pode vir tanto dunha fortificación medieval como por unha aplicación metafórica para nomear un outeiro do terreo, houbese ou non algún tipo de fortificación. Os vestixios de castros prehistóricos tamén reciben este nome, polo xeral ao estaren situados en lugares elevados no terreo, non por unha referencia a unha entidade xeográfica ou étnica dos pobos da Gallaecia durante a administración romana.
CASTRO, O (Bermui, Espiñaredo, Seoane)
CASTROS, OS (Ribadeume)
A voz "castro", do latín castrum 'castelo, fortaleza', designa un poboado fortificado de época prerromana e/ou romana, situado en lugar estratéxico (xeralmente nun alto) e defendido con sólidas murallas. En toda Galiza estímase que hai restos de cinco mil castros, o cal dá idea dun poboamento moi intenso e disperso (cf. A. López Carreira, 2016. "Historia de Galicia": 73).
É de notar que no caso das poboacións que conservan este topónimo, moitas veces non se atopan no lugar orixinario do castro senón a certa distancia (aínda que nalgúns casos o poboamento continuou ata hoxe na mesma situación do castro orixinario). Por outro lado, os lugares orixinais quedaron no imaxinario popular, percibidos como enclaves nos cales residía o elemento sobrenatural: tesouros, túneis, mouras de cabelos louros etc.), moitas veces sacralizados mediante a construción de ermidas.
Coa conquista romana e posterior romanización, os castros sufriron unha transformación en aldeas galaico-romanas, dándose un abandono progresivo, ao mudaren as prioridades xeográficas, non primando xa a situación estratéxica defensiva e perdendo o uso as murallas (o cal constatan os restos de edificacións alén das murallas ou aproveitando as mesmas murallas). As aldeas galaicorromanas estabelecéronse xeralmente en lugares diferentes dos castros orixinais, pois primaba agora a proximidade ás vías de comunicación, ás terras cultivadas e aos cursos fluviais (cf . J. C. Sánchez Pardo, 2008. "Territorio y poblamiento en Galicia entre la Antigüedad y la Plena Edad Media"). Este proceso de abandono dos castros aconteceu paulatinamente entre os séculos I e III.
Existe outro "Catarou" en Viveiro, o cal correspondará co referido nun documento en latín de 1166, xa grafado "Catarou". Ademais, existen outros "Catarou" en Santa Cilla (Foz), así como un "Catarón" en Sobrado.
Tendo en conta as formas Catarou e Catarón, ambas provirían dun *Cataroni, ambas evolucións diferentes pero encaixando na evolución do galego.
Debe ter orixe prelatina, nun elemento *kat(t)-, podendo referirse a un lugar nun outeiro ou ben ser un nome persoal derivado. Ver entrada do blog específica para máis detalles.
Nicandro Ares, para o Catarou de Viveiro, aínda asignándolle orixe descoñecida, indica a hipótese dun apelido, e cita o exemplo de "Domingo de Catarrón" (cf. N. Ares, 2011. "Estudos de toponimia galega"). Sen descartar totalemente esta hipótese, actualmente coñécese que na documentación antiga indicábase moitas veces o nome seguido polo lugar de procedencia, co cal non parece encaixar a hipótese de Nicandro.
O termo "cernada" vén do latín (terra) cinerata 'terra queimada' (cf. DdD). Tería relación con sitios de monte onde se facían actividades de roza: facían borralladas ao queimar os toxos e outros arbustos, que servían de abono para logo plantar o cereal (maiormente centeo).
Di Risco:
"Nas terras de montaña, vese ao lonxe polo vrau arder o monte en moitos lados, dando de día un basto fume azul que vai empardecendo conforme sobe, e véndose de noite as luces e o resprandor das flamas baixas, coma se estivesen acendendo braseiros eiquí e acolá. Ollando ao lonxe, as máis das veces é o fume o único que se move na calma azul da largancía" (cf. V. Risco, "Terra de Melide").
CERVICOL (Somede)
Topónimo con orixe e etimoloxía incerta. Xa figura atestado Cervicollo no ano 572:
" ... ad illa serra de Sancta Cruce et dividit inter se ad montem de Serra et venit per illa serra de Cervicollo dividens inter Lamacengos et Ortigaria finiturque in litore maris" (cf. CODOLGA).
Figura atestado como "Cirvicol" no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Debe tratarse dunha forma con orixe prelatina, da mesma familia de topónimos que Cervantes, Cervaña, Cérvora, Cervia (a actual Servia), todos coa mesma raíz e de clara orixe prerromana, cos sufixos típicos prerromanos -nt-, -aña, -ora, -ia. O topónimo Cervo tamén tería esta orixe prerromana.
Canto á orixe prerromana concreta, é difícil de establecer, posibelmente se trate da mesma que indica Moralejo para o topónimo "Cervantes" , a raíz indoeuropea *(s)kerbh- 'afiado', da que deriva a forma protocelta *kerbo- 'puntiagudo, afiado', ou o letón skarbs 'afiado, agudo'. Indicaría, talvez, por tanto, unha elevación do terreo ou un terreo rochoso.
CHAMOSELO, O (As Pontes)
Figura atestado como "Chamoselo da Pena" no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.

Río que nace en Xermade e desauga no Eume ao seu paso polas Pontes. O nome responde á forma en diminutivo antigo de "chamoso", que podería provir de flammosu 'ardente, inflamado' ou de clamosu, no sentido de 'rumoroso, resoante'.A respecto do conxunto de topónimos como Chamizal, Chamizo, Chamoso, Chamosa, comuns en Galiza e en Portugal, Fernandes (1999: 182) relaciónaos coa "cor xeral da paisaxe, quer pola xeoloxía (terreos avermellados), quer pola vexetación (cf. Fernandes, Armando de A. Fernandes, 1999. "Toponímia portuguesa. Exame a um dicionário").
Igualmente, Navaza interpreta varios destes como fitotopónimos relacionados semanticamente co latín flamma, relativos a “lugares onde se procuraban guizos para alumar ou para o lume, procedentes de diferentes especies vexetais” (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Non lonxe desta zona atopamos o río Chamoso (O Corgo), afluente do Miño. Nicandro Ares, para o caso do antigo Condado de Chamoso, no Corgo (Lugo), atopou documentación antiga, aínda que aparece tanto como Flamosus como Clamosus.
CHEIVÁN (Vilavella)
O topónimo remite a unha *(uilla) Flaviani, forma en xenitivo referida ao posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe latina, Flavianus, hipocorístico de Flavius.
Aparece mencionado no Catastro de Ensenada para as Pontes (1752), como "Puerto de Cheivan".
CODESÁS, OS (Espiñaredo)
Un "codesal" ou"codeseira" é un lugar onde abundan os codesos.
O codeso, tamén chamado cítiso e piorno, é o nome dunha especie de arbusto, semellante á xesta (Adenocarpus complicatus, aínda que tamén se dá este nome a outras especies como o Adenocarpus hispanicus e o Adenocarpus viscosus) .
Indicaba Marcial Valladares que

"Crece en casi todos los montes; florece en junio y julio y sus flores son amarillas. Los labradores úsanla comunmente para barrer y juntar la hoja que los robles y castaños sueltan en el otoño." (cf. DdD M.Valladares, 1884. "Diccionario gallego-castellano").
CONGOSTRAS,AS (Goente)
Na toponimia galega abundan as "congostras", camiños angostos, entre valados ou ribazos, escavados no terreo, e estreitos, para paso de xente ou carros. Pode ser sinónimo de 'corgo, córrego'.
A palabra vén do latín congusta 'estreita' (cf. DdD).
COVELOS, OS (As Pontes)
Forma co antigo diminutivo plural de "covo", no sentido de "lugar no fondo dunha concavidade".
FURNAS, AS (O Deveso)
Unha "furna" defínea o dicionario de X. L. Franco como "cova subterránea que existe nun monte ou lugar áspero e brañoso" (cf. DdD).
CORNA, A (San Pedro de Eume)
CORNAS (Goente, San Pedro de Eume)
Posiblemente referido a lugar pedregoso, con orixe na raíz prelatina *kor- 'pedra, altura rochosa'. É un topónimo relativamente frecuente en Galiza.
Así, Cabeza Quiles interpréta os topónimos Corn-, Carn- como de orixe céltica ou precéltica, derivado do tema *kar- 'pedra, zona rochosa' (cf. F. Cabeza, 2014. "A toponimia celta de Galicia").
Por outro lado, Navaza, para topónimos similares, apunta a un termo derivado de "corno" nun sentido metafórico orográfico (cf. G. Navaza, "Fitotoponimia galega").
O lugar de Cornas aparece atestado no Catastro de Ensenada para as Pontes (1752), figurando o "lugar de Cornas".

Tamén figura atestado un "sitio y rriachuelo de Cornas" no Catastro de Ensenada para Vilavella (1752), ao referir os muíños da freguesía.
O lugar pertencente a Goente figura no Catastro de Ensenada para Goente (1752) ao delimitar a parroquia.
CORNOCELO, O (O Aparral)
Diminutivo de "corno", probablemente nun sentido de "lugar pedregoso". Ver A CORNA.
COTELO, O (O Freixo, As Pontes)
COTILLÓN, O (Ribadeume)
O topónimo Cotillón alude a un coto de pequenas dimensións. Tanto "cotelo" como "cotarelo" como "cotillón" son formas diminutivas de "coto", voz de orixe prerromana, que indica 'parte máis alta dun monte, que ten forma cónica' (cf. RAG).
COUCE, O (San Pedro de Eume)
COUCE GORDO, O (O Freixo)
COUCE REDONDO, O (O Freixo)
COUCE SECO, O (O Freixo)
A palabra "couce" ten múltiples acepcións. Nestes casos viría de calce "calcañar", e designa un "sitio de forma semicircular que remata en terraplén ou baixada pronunciada".
No entanto, para Moralejo Lasso, estes "couce" virían do latín calice 'cauce' (cf. p. 88 de A. Moralejo, 1977. "Toponimia gallega y leonesa").
Tamén figura atestado un "Couce Branco" no Catastro de Ensenada para Vilavella (1752), ao referir os muíños da freguesía.
COVELIÑA , A(As Pontes)
Forma diminutiva de "covela", á súa vez diminutio de "cova", no sentido de "lugar no fondo dunha concavidade".
CRUZ DE ROSENDE, A (San Pedro de Eume)
Cruz que fai referencia a unha (uilla) Ranosindi, forma en xenitivo de Ranosindus, nome de orixe xermánica, que correspondería co nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval.
Hai outro "Rosende" no veciño concello de Xermade. Talvez gardasen relación.
CUÍÑA, A (As Pontes)
Este lugar figura atestado como "sitio da Cuiña" no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.

Hai controversia na interpretación dos abundantes topónimos galegos "Cuíña", que comparten orixe etimolóxica cos Cuña e os seus equivalentes portugueses Cunha.
Por unha banda, autores do prestixio de Martínez Lema interprétana como correspondente co apelativo "cuíña" 'pequena elevación do terreo'. Eladio Rodríguez recolle este significado como forma aínda viva en Abadín e Parga, definíndoa como "colina", e Constantino García tamén o rexistrou en Laxe, co significado "lomba" (cf. DdD).
Aínda que se podería pensar na voz patrimonial equivalente a "colina 'outeiro', a voz colina co sentido orográfico trátase dun italianismo introducido no séc. XVII (cf. Corominas, DCECH). Ademais, se viñese do latín collis/collina daría **coliña, non coíña/cuíña.
Por outra banda, se derivan da forma medieval "colina" (tal como figura atestado no caso dunha Uilla Colina), os rexistros medievais non parecen remitir a colinas orográficas senón a elementos moito máis definidos e delimitados na paisaxe (cf. CODOLGA):
(800) - Floriano,DiplomáticaAstur (800):" .. et vadit ad illo pino, deinde ad colina et vadit ad via Angustina .."Floriano,DiplomáticaAstur (831):" .. seneras uel quidquid ibidem est; et ad Bellenia colina et horreum, binia de Armentari ..."Andrade,CelanovaTbo (885):[...] integra vinea, pumares, ceresales, perales, ipsa colina medietate, et de ipso lagare de tercia medietate integra [...]SáezE,CelanovaCD (935):[...] , et alia uinea que comparauimus de Tano, et colina integra, et de alias mazanarias et ceresales [...]Andrade,Celanova (1009):[...] vinea ad casa de Gundemaro, levat se de illa colina et vai per succo de Daniel [...]Lucas,SamosTbo (1026):[...] suo germano Stevano et de sua suprina pumare super illa colina ; [...]Lucas,SamosTbo (1052) :[...] et que vendivit domno Fredenandiz ad illa colina sua tercia in illo ortale [...]Andrade,CelanovaTbo (1075):[...] integra in vineas, in pumares, ceresales, ipsa colina media et ipso lagare de tercia medietate [...]
Esta interpretación tampouco encaixa para o topónimo O Cuiñal (Celanova, Ou), pois un abundancial de outeiros non tería sentido. Tampouco encaixaría para A Cuiñeira Grande (O Grove, Po) por razóns similares.
Nicandro Ares interpretou os topónimos "Cuíña" como talvez 'lugar de coios ou de coles'.
CURRÁS, OS (Bermui)
O apelativo Curral defíneo o dicionario como "sitio contiguo á casa, pechado para recoller o gado e curtir esterco". No caso do topónimo Curralvello, ao caracterizar ao nome da poboación, debe aludir, por tanto, á súa orixe como lugar onde se gardaba o gado. Semella, xa que logo, que era un lugar suficientemente lonxe dos núcleos poboacionais como para crearse alí un novo núcleo.
Hai moitas teorías para explicar a etimoloxía deste topónimo. Así, Corominas afirma que deriva de *currale («circo de carreiras»), á súa vez de currus 'carro'. Outros defenden que procede do latín currere 'correr'. Autores como Rivas Quintas relaciónano coas formas célticas cor-, corr- 'construción circular, curvo'.
DEVESO, O (O Deveso)
Do latín (locu) defenso (lugar resguardado, vedada). Significa "terras cercadas". Orixinariamente eran terras prohibidas para o pobo, do rei ou nobres, para cazar ou para explotación das árbores (carballos, etc).
EIROAS, AS (O Freixo)
O termo "eiroa" procedería dun *ārĕŏla, diminutivo a partir do latín ārĕa 'área, superficie; lugar chan; solar', o cal deu no galego "aira" e "eira" 'lugar chan, próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes etc.’ (cf. DRAG). Esa é a orixe foi atribuída xa por Sarmiento, e máis contemporaneamente por Moralejo Lasso (cf. A. Moralejo, "Toponimia gallega y leonesa". 1977), Cabeza Quiles e outros.
É importante notar comparativamente para o homónimo en catalán "erola" o significado de 'pla petit al cim d'una muntanya' (cf. aquí). Cremos que o significado orixinal de "eiroa" debeu ser igualmente 'pequena chaeira na cima dunha montaña'.
ESBEDRAL, O (O Deveso)
Lugar onde abundan os érbedos ou esbedros (Arbutus unedo), árbore que dá un froito usado para aromatizar licores a base de augardentes e para preparar marmelada.
A forma "esbedro", así como os topónimos derivados, son comúns na Mariña e no Ortegal. Dicía Sarmiento que "esvedro en Vivero es el madroño".
ESFARRAPA, A (Vilavella)
Este lugar aparece atestado no Catastro de Ensenada para as Pontes (1752), figurando o "marco da Esfarrapa".
Os topónimos Esfarrapa e Farrapa probablemente aludan a terras de menor produtividade, considerando a localización e a tipoloxía do terreo, estilo gándara. De aí, "As Esfarrapadas", "As Farrapas" aludiría xocosa ou despectivamente á pobreza das terras (cf. X. González, 2021. "A Esfarrapa - Toponomástica e análise de padróns situacionais").
O Nomenclator de Galicia rexistra unha relativa abundancia de topónimos relacionados, a maioría homónimos do desta freguesía das Pontes. O reconto de topónimos é A Esfarrapa (11), A Esfarrapada (2), Farrapada (1), A Farrapa (5), e outras variantes A Farrapeira, A Farrapiña, As Farripas, O Farrampo e O Farrampeiro.
ESPÁ (Goente)
De *(uilla) Aspadii, forma en xenitivo de Aspadius, indicando o nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
É de notar que, aínda que a evolución Aspadii > Aspá > Espá poida parecer estraña, é coherente coa que aconteceu co topónimo Pagá (Barreiros), atestado na Idade Media como Pagadi. Outro exemplo é Cotá, aldea e parroquia de Friol, que aparece como n distintos nomes nos Tombos de Sobrado como Cotae e Cotay.
ESPIÑAREDO (Espiñaredo)
Un "espiñaredo" designa un lugar poboado de espiños.
Neste caso, este topónimo presenta dobre sufixo abundancial (-ar + -edo), caso infrecuente.
ESTEO, O (O Freixo)
O dicionario define esteo como "Columna, pilar; estaca para soster as vides" (cf. DdD). Podería indicar, xa que logo, a presenza dunha columna ou pilar significativo por algunha razón.
Hai unha segunda acepción, rexistrada por Aníbal Otero, de "pastizal malo pero fácilmente utilizable" (cf. DdD).
FAEIRA, A (A Faeira)
Aínda que non rexistrado nos dicionarios galegos, o termo "faeira" refírese, e é equivalente, ao termo "faia", árbore caducifolia. A homonimia "faia" e "faeira" é paralela á doutras árbores como bido e bidueiro, ou louro e loureiro. Tamén "faeira" pode referirse a un conxunto de faias; tratándose dun topónimo, semella ser esta a interpretación máis plausíbel.
FERREIRAS, AS (Goente)
No Catastro de Ensenada para Goente (1752) figura atestado este lugar ao referir os muíños da freguesía.

O termo "ferreira", provén do latín ferraria '‘mina de ferro'.
Aínda que máis improbable, tamén encaixaría unha orixe en "terras pertencentes a Ferreiro", indicando o apelido ou profesión dun antigo posesor.
FILGUEIRA, A (San Pedro de Eume)
Lugar onde abundan os felgos.
FOLLA BRANCA (Ribadeume)
Topónimo que aludiría a un lugar de vexetación frondosa. Navaza recolle estes topónimos "Folla" no seu estudo da Fitotoponimia galega (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia Galega").
Canto ao adxectivo "branca" é difícil de interpretar neste contexto; así e todo, indícanos que este topónimo non remonta máis alá do séc. XIII, cando o adxectivo "branco" reemprazou ao tradicional "alvo" (cf. A. Boullón, 2019. "A toponimia galega en branco e negro").
FORO, O (O Freixo)
Indica unhas terras suxeitas a un foro.
O termo "foro" tivo en Galiza o significado de ‘dominio sobre unha propiedade’, e daí pasou a ter o de ‘Contrato consensual, comunísimo en Galicia en pasados tempos, polo que unha persoa cedía a outra, ordinariamente por tres xeracións, o dominio dunha cousa inmoble, mediante certo canon o pensión anual" (cf. E. Rodríguez, "Dicionario").
Decía Sarmiento

"Sobre todo hay en Galicia aquella especie de arriendos que llaman foros. Foro es dar a uno una posesión que la cultive y usufructúe por el tiempo de tres generaciones. Hoy solo se hacen por tres vidas de reyes, pero en lo antiguo se hacían los foros por tres vidas de particulares y veintinueve años más..." (cf. "Onomástico etimológico de la lengua gallega", ed. de J. L. Pensado).
FREIXO, O (Espiñaredo, O Freixo)
Do latín fraxinus 'freixo'. No caso do topónimos con nome de árbore en singular, costuman interpretarse como referindo a unha colectividade deles. Indicaría, por tanto, un lugar onde abundaban os freixos.
É un topónimo frecuente en Galiza.
GAÑIDOIRAS, AS (Ribadeume)
O topónimo "Gañidoira" deriva de "gañir", remitindo a un lugar que roxe o vento ou similar, parello a "Monte Bufadoiro" no Vicedo, ou "A Pena que Fala" en Frexulfe (Valadouro).
Hai outro "A Gañidoira" en Muras.
GARABATOS, OS (As Pontes)
Este lugar figura xa atestado no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Ademais do significado común, os dicionarios recollen "garabato" como sinónimo de garabullo (cf. E. Rodríguez) e de "aparello de labranza de tres ou máis dentes curvados; angazo" (cf. DdD).
A motivación deste topónimo é incerta. É probábel que remita ao alcume duns antigos posesores do lugar. En efecto, garabato, coa acepción de "carabullo" aludiría á fraqueza da constitución física.
Alternativamente, coa acepción de "carabullo" podemos interpretalo como un fitotopónimo, aludindo á vexetación do lugar. Así, Navaza interpreta os topónimos "Garabato" como sitios nos que se recollían garabullos, leña miúda para o lume. Tamén comenta a posible relación co portugués gramata (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Tampouco podemos descartar totalmente a referencia á (antiga) existencia dunha pena gravada, de petróglifos; neste sentido, Rivas Quintas indica a acepción para "garabatiño" de "Juego de tres en raya" (cf. E. Rivas, "Frampas").

A etimoloxía de "garabato" sería da raíz prerromana *karb-, como carballo e carabullo. Corominas apuntou as distintas acepcións nas linguas peninsulares, e sinalou unha evolución de "pau seco longo", da que pasaría para "pau encorvado para enganchar froita" e de aí para "gancho", e finalmente "forma en gancho" (cf. Corominas, DCEH).
GOENTE (Goente)
De (uilla) Gaudentii, forma en xenitivo de Gaudentius, referindo ao nome do antigo posesor da uilla altomedieval (granxa, expotación agraria).
GONDRÉ (As Pontes)
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.
O topónimo remite a unha (uilla) Gunderedi, forma en xenitivo de Gunderedus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
Está atestado na Idade Media o topónimo Gunderee ('Menendus Roderici de Gunderee' - cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
GORGODE (Espiñaredo)
De (uilla) Gaurguti, forma en xenitivo de Gaurgutus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
En canto á etimoloxía xermánica concreta de Gaurgutus, a segunda parte do nome,*gut- 'godo', é frecuente na antroponimia galega; a primeira parte (gor-) é unha raíz presente noutros antropónimos xermánicos, pero de orixe incerta.

Piel, para o topónimo portugués Gormão, citando a Meyer-Lubke, considéraa da raíz Gaur-, de gaurjan 'magoar', gaurs 'pena' (cf. p. 36, J. Piel "Os nomes germánicos na toponímia portuguesa" in "Boletim de filologia", Tomo IV).
É importante notar que a orixe xermánica do nome non daría conta da etnia do posesor, xa que estes nomes foron populares na Alta Idade Media.
Aínda que menos probable, non se pode descartar unha alternativa en "Gorga Gode", sendo Gode o nome de posesor, e "gorga" un hidrónimo, co cal están relacionados algúns topónimos como "gorgueira", "gorgorio". Para máis detalles sobre "gorga", ver entrada de blog Pena da Cataverna sobre este hidrónimo.
GRAÑA, A (Bermui, Ribadeume)
O termo "graña" viría do latín granea, granxa agrícola. Máis tarde chegaría a palabra "granxa", da mesma orixe latina.

É interesante resaltar que estas "grañas" eran moitas veces dependentes dun mosteiro, para o cal producían alimentos.
GROU, O (Vilavella)
O dicionario recolle para grou o significado de "macho da grúa". Hai unha segunda acepción de 'quebrada, gruta', que semella máis probable para un topónimo. Esta segunda acepción foi dada por Aguirre del Río (cf. L. Aguirre, 1858. "Diccionario del dialecto gallego"). Con todo, dánse lugares na toponimia con nome de animal, e por tanto non se pode rexeitar a primeira acepción.
ILLADE (Vilavella)
Este lugar desapareceu pola mina, del se conserva a Ponte Romana de Illade, que foi trasladada a outro lugar.
Figura atestado nun documento de 1678, no cal Fernando da Fraga Sanjurjo vende un cuarto do lugar de Illade con casas, casetas, montes e fragas (cf. G. Cabarcos, 2017 in "Revista de Estudos Históricos Locais", nº 10)
Tamén aparece no Catastro de Ensenada de 1752.
O topónimo deriva de *(uilla) Eliati, sendo Eliati unha forma en xenitivo de Elia (Elías), nome dun antigo posesor da uilla altomedieval (casal, granxa, explotación agrícola) que tría existido nese lugar.
Esta declinación vulgar -ati do xenitivo está presente noutros topónimos, como é o caso de Andrade/Andreade, Xermade, Tomade, Zacarade, formas en xenitivo de Andreas, Ieremias, Thomas, Zacarías respectivamente.
O Nomenclator rexistra outro Illade en Xuances (Xove).
INSUA DO BAIO, A (O Freixo)
Os lugares da Insua e da Insua do Baio figuran atestados no Catastro de Ensenada para O Freixo (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Do latín insula 'illa'. Tanto no portugués como no galego, "insua" xeralmente refire a terreo rodeado en parte pola auga, xeralmente por un río, podendo ser unha península no río, ou incluso un lugar no medio de dous ríos.
LAMELAS, AS (O Freixo)
Diminutivo plural de "lama". Os dicionarios definen lamela coas acepcións de "Paraxe onde costuma estancarse a lama", e tamén "Prado pequeno para verde".
LAMELAS, AS (O Freixo)
Diminutivo plural de "lama". Os dicionarios definen lamela coas acepcións de "Paraxe onde costuma estancarse a lama", e tamén "Prado pequeno para verde".
LOMBEDRADO, O (Ribadeume)
De "Lombo Hedrado", con "lombo" indicando metafóricamente un 'lugar combado, no alto' e hedrado 'poboado de hedras'.
LOMBO DE AFONSO, O (O Aparral)
Topónimo que remite ao nome do antigo posesor deste lugar.
Conserva o nome na forma tradicional galega, actualmente moi desprazada pola variante coincidente coa castelá.
Non é un caso único, así o Nomenclator rexistra A Viladafonso (A Estrada) e A Ponte Nafonso (Noia e Outes).
LOURENTÍN (Goente)
De (uilla) Laurentini, forma en xenitivo de Laurentinus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria). O antropónimo Laurentinus é unha forma hipocorístico de Laurentius, nome de orixe latina.

MARIÑALEDA (As Pontes)
Este topónimo remite a "Mariña Leda", o nome da antiga posesora do lugar.
No Catastro de Ensenada para as Pontes (1752) aparece atestado este lugar, figurando o "marco de Mariña leda".
Canto ao apelido, a cartografía de apelidos de Galicia mostra que o apelido Ledo ten un dos seus núcleos orixinarios no veciño concello de Xermade, e ten frecuencia relativamente alta tamén nas Pontes.
O feito de o apelido ser "Leda" e non "Ledo" non é problema formal: lembremos que da Idade Media ata o séc. XVIII houbo o costume de adaptar morfoloxicamente ao femenino os sobrenomes das mulleres (cf. A. Boullón, 2017. "La antroponimia en Galicia en el siglo XVIII", in Namenkundliche Informationen 109/110).
MARIÑAO, O (As Pontes, Bermui)
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.
MARRAXÓN DE ABAIXO (As Pontes)
MARRAXÓN DE ARRIBA (As Pontes)
O nome destes núcleos de poboación ten significado e orixe incerta.
É un topónimo con varias ocorrencias en Galiza, así "O Marraxón" dá nome a un outeiro en Xove, e mais ao "Monte do Marraxón" en Ferrol, e á Ladeira de Marraxó en Vilardevós (Ou).
Debe ter orixe no tema indoeuropeo *mar-, variante do tema *mor-, presente no substantivo "morro" co significado de penedo, rochedo, pequeno outeiro. Na toponimia está presente en varios "Morro", así como no Morrazo, e tamén en Morreira. A variante *mar- estará presente nos topónimos Marraxón, Marraxó, A Marra, As Marrascas, Marrovello, Marrangüedo, Marrozos, Marrocios e incluso O Marroco.

Topónimo que aludiría ao xentilicio do antigo posesor do lugar, de ser "orixinario da Mariña".
MARRAXÓN DE ARRIBA (As Pontes)
O nome destes núcleos de poboación ten significado e orixe incerta.
É un topónimo con varias ocorrencias en Galiza, así "O Marraxón" dá nome a un outeiro en Xove, e mais ao "Monte do Marraxón" en Ferrol, e á Ladeira de Marraxó en Vilardevós (Ou).
Debe ter orixe no tema indoeuropeo *mar-, variante do tema *mor-, presente no substantivo "morro" co significado de penedo, rochedo, pequeno outeiro. Na toponimia está presente en varios "Morro", así como no Morrazo, e tamén en Morreira. A variante *mar- estará presente nos topónimos Marraxón, Marraxó, A Marra, As Marrascas, Marrovello, Marrangüedo, Marrozos, Marrocios e incluso O Marroco.
MERLÁN (O Freixo)
Orixinado nunha (uilla) Merilani, forma en xenitivo de Merila, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica, de mereis 'famoso'. É un nome atestado no Medioevo galego (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
MONTES DE FOLGOSELO (microtopónimo de Goente)
Este lugar figura no Catastro de Ensenada para Goente (1752) ao delimitar a freguesía.
Topónimo que remiten a lugar onde abundan (abundaban) os felgos.
A forma co antigo diminutivo en -elo indícanos a antigüidade do topónimo, altomedieval ao mínimo.
MORIXOSO (San Pedro de Eume)
Variante de "muruxoso", abundancial de "muruxa", planta anual da familia das cariofiláceas, de follas pequenas ovais e flores brancas, propia de terreos húmidos e estercados.
Este topónimo concreto está mencionado por Navaza, coa grafía Murixoso, e interpretado tal como indicamos (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
O paso de Muruxoso para Murixoso é un fenómeno común no galego, onde a labiovelar en posición pretónica pasa a /i/, tal como ocorreu en topónimos como Fixoa, Tixoso (O Vicedo), ou nos apelativos filloa, illó. Este fenómeno tamén é recollido por Paulo Martínez Lema, para este topónimo concreto, e indica que aparece no Tombo de Caaveiro como "Murugoso" (c. 936) e "Murogoso" (c. 742-c. 936) (cf. P. Martínez, "Toponímia e fonética histórica no domínio galego-português").
Finalmente indicar a existencia dun topónimo similar, "Muruxás", no Vicedo e en Vilalba.
MOUROS, OS (Vilavella)
Este topónimo podería ter unha orixe étnica, con orixe medieval en alusión a un lugar (re)poboado por "mouros", remitindo a un grupo de mouriscos na época da Reconquista, que talvez escaparían para o norte cristián e fundarían este núcleo de poboación.
Esta potencial indicación de migración mourisca non é un caso illado: así por exemplo temos Mourama en Loiba, "O Mouriscón" en Ambosores (Muras), ou "Mouriscos" en Fazouro (Foz), "Os Mouros" nas Pontes.
Por outro lado, igualemente podemos pensar que remita ao apelido ou alcume dos seus poboadores iniciais, referiríndose á cor escura da pel ou do cabelo, sen necesidade de alusión étnica.
Este lugar debe ser o atestado no Catastro de Ensenada para as Pontes (1752), figurando a pena "dos Mouros".
NARÓN, O (As Pontes)
O topónimo Narón atopámolo en varios lugares galegos: ademáis deste das Pontes, encóntrase o do concello de Narón, o de Portomarín e o de Becerreá.
Trátase dun hidrónimo de orixe prerromana, a partir da forma paleoeuropea *nar-, derivada da raíz indoeuropea *ner- ‘penetrar, mergullar, agochar, foxa, oco’ identificada por Pokorny (cf. p. 766, IEW), quen relaciona esa raíz con varios ríos bálticos.
En efecto, a terminación -ón é frecuente na hidronimia antigoeuopea. Filólogos como Bascuas teñen defendido esta orixe para "Narón", incluíndoo entre os exemplos da alternancia de flexión -a / -ón, característica da hidronimia antigoeuropea: Avia / Avión,Vara / Varón, Deza /medieval Dezón (> Dozón), medieval Naria (>Neira) / Narón, Sala / Salón (> Jalón) (cf. p. 26, E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega". J. Moralejo compartilla a mesma opinión (cf. p. 55 de J. J. Moralejo "Hidronimia prerromana de Gallaecia" in "Onomástica Galega II").
Dentro da serie de hidrónimos derivados desta forma *nar- pertencerían os ríos Neira (<Naria), afluente do Miño, Naraya e Narayola (León), Narcea (Asturias), e tamén outros hidrónimos tales como Naraval (< Nara vallem), en Asturias. Tamén da mesma orixe atoparíanse outros topónimos como Naraío (Ferrol, San Sadurniño), Naraído (Trabada), Naraxa (A Fonsagrada), e posiblemente Nariño (Val do Dubra), Nariga (Ponteceso) e Neiro (Santiago), así como o mencionado Neira como nome de lugares en Vedra, en Láncara, no Páramo, etc.
Comparte etimoloxía co río chamado na antigüidade Naro/Naronem, o actual Neretva, que desemboca na costa Adriática.
Por outro lado, Nicandro Ares derívao dun nome persoal, probablemente de Naro, -onis, recollido na onomástica hispana (cf. p.165, M. Albertos, 1966. "La onomástica personal primitiva de Hispania: Tarraconense y Bética"). Alternativamente, tamén segundo o mesmo autor, podería derivar do antropónimo Naronius, tal como indicou Joseph Piel (cf. p. 335, J. M. Piel, 1947. "Biblos XXIII).
NIÑO DO AZOR (O Freixo)
PAIPAZ (San Pedro de Eume)
Derivado de "Pai(o) Paz", referindo ao nome dun antigo posesor ou fundador do lugar.
PANDA DE ADÁ, A (O Freixo)Topónimo transparente, que remite a un lugar onde aniñaban os azores, talvez metaforicamente no sentido de lugar elevado, tal como acontece con topónimos galegos como O Niño da Aguia (Cervo, Muras), O Nío de Bixato e O Nío do Corvo (Ribadeo).
Por outro lado, indica Riesco Chueca que, na época medieval, a referencia aos niños de azor non se debe tomar literalmente. Pode ser unha zona coutada para a cría de azores e falcóns, tal como atestado en cartas medievais de compra-venda e doazón (cf. P. Riesco, 2018. "Toponimia de la Provincia de Zamora": 270).
Derivado de "Pai(o) Paz", referindo ao nome dun antigo posesor ou fundador do lugar.
O hipocorísticos Pai e Pei, de Paio, son frecuentes na toponimia galega, así temos en Xermade o lugar de Paidavella (de "Pai da Vella").
O Nomenclator de Galicia rexistra tamén un Peipaz en Riós (Ourense), da mesma orixe.
PALMEIRO, O (Goente)Probablemente remita ao apelido do antigo posesor do lugar, de feito é un apelido frecuente na Mariña Oriental (cf. CAG), e é un apelido xa usado no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
A orixe última é a alusión a un peregrino. Xa rexistrara Viterbo para "palmeniro" a acepción de "peregrino ou estrangeiro" (cf. Viterbo, "Elucidário", 1798), e tamén Du Cange recollera para Palmarius, e explicaba que tomaron o nome de "palmeiros" por traeren unha rama de palma de Terra Santa (cf. Du Cange, 1883-87. "Glossarium mediae et infimae latinitatis"). Igualmente Eladio Rodríguez define "palmeiro" como “Peregrino de Tierra Santa, que traía palma, como los de Santiago llevaban conchas o veneras en señal de su romería”.
Atopamos Palmeira no concello de Viveiro, no de Ribadeo e no de Ribeira (Co).
Este lugar figura no Catastro de Ensenada para as Pontes (1752) como "Panda dadá".
Unha "panda" designa unha lomba, un terreo combado ("pandado").
En castelán existe tamén "pando" como topónimo, que Corominas interpreta co significado específico indicado no dicionario de "terreno casi llano situado entre dos montañas" (cf. RAE) (cf. DCEH).
Para "Adá", ver a entrada "ADÁ".
PARAÑO, O (As Pontes)
Este lugar figura no Catastro de Ensenada para as Pontes (1752) ao referir os muíños da freguesía.
A interpretación máis ortodoxa é a de derivalo do adxectivo latino *petraneum 'de pedra’, designando un terreo desas características. Podería talvez aludir metaforicamente a pedras asociadas a construción megalítica antiga; de feito, as furadas dos dolmens son chamadas na nosa toponimia "fornos" ou "fornos dos mouros"; isto encaixaría coa acepción recollida en portugués de "pedra da parte superior da boca do forno, en forma de viseira".
Por outra banda, Leandro Carré Alvarellos define "paraño" no seu dicionario galego como "lugar amparado, protexido" (cf. DdD). Podería significar "terra con certos "privilegios", tamén recollido así en portugués."
PASADELO, O (As Pontes)
Aníbal Otero define "pasadelo" no seu dicionario galego como "paso estreito e curto nun sitio de tránsito difícil", e tamén coa acepción de "regato no cal "tres ou catro pedras" permiten vadealo "a pé enxoito" (cf. DdD). Ao estar situado o lugar a menos de douscentos metros do Rego do Inferno, debe remitir a unha pequena pasada do río, na segunda acepción que indica Aníbal Otero.

PAXÓN, O (O Freixo)
A orixe do nome deste núcleo de poboación é un tanto escura. Debe derivar dun alcume do antigo posesor.
En efecto, aínda que os dicionarios non rexistran "paxón", si recollen a voz "paxo" 'parado, falto de disposición', así como as derivadas paxó, paxolo, paxoco, paxote, paxoleiro, paxoliño. Tamén "apaxo" ten unha acepción de "folgazanaría". Podemos, por tanto, pensar nun aumentativo de "paxo", usado como alcume, que remitiría a un antigo posesor do lugar.
O Nomenclator rexistra outro núcleo de poboación "Paxón" en Viveiro, así como unha Cruz de Paxón en Vieiro. O caso da Paxota, en Moeche, tamén podería tratarse doutra variante, e relacionarse coa mesma motivación de alcume. Tamén As Paxonetas, nos Freires (Ortigueira ), debe tratarse doutro derivado (o sufixo -etas poidera darlle, de feito, un certo apunte despectivo, propio para un alcume, reforzando en parte a hipótese). Tamén se rexistra en feminino "As Paxoas" en Bravos (Ourol), que igualmente presenta a forma plural feminina, típica formación na toponimia para adxectivar unhas terras co nome do posesor (As terras de Paxón > As Paxoas).
No caso do Apaxo e de Paxán, en Vilalba, tamén podemos pensar nunha motivación semellante, e sen dúbida no caso das Brañas do Paxolo (Val do Dubra, ACo).
PAZO, O (A Faeira)
PAZOS DE ABAIXO (O Freixo)
PAZOS DE ARRIBA (O Freixo)
O termo "pazo" deríva do latín palatium, e xa na Alta Idade Media a forma paaço tomou esta acepción actual de "casa señorial", edificación de residencia de familia nobre. E de notar que as referencias medievais a un pazo non deben entenderse como un pazo na actualidade, senón que remitirían simplemente á casa do señor, de boa feitura, probablemente de cantería, de dous andares e cuberta de tella ou lousa, en contraste coas demais casas que serían de planta baixa e cubertas de palla.
Nos casos destes topónimos é ben probábel esta orixe, ao tratarse de núcleos de poboación.
J. J. Moralejo puxo en cuestión a etimoloxía latina, e referiu estes topónimos a un prelatino indoeuropeo *palatio, que designaría unha especie de curro, lugar pechado onde os pastores recollían temporalmente o gado, harmonizando co sentido etimolóxico de "pastoriza" (cf. J. Moralejo, "Callaica Nomina", 2007)
PEDRA DO COUTO, A (Ribadeume)
Topónimo transparente, que nos remite á existencia dunha pedra(fita) ou marco que delimitaba o territorio dun couto.
Na Idade Media xurdiron os "coutos", que se prolongaron no tempo ata a fin do Antigo Réxime, e que designaban un 'conxunto de varios lugares, aldeas ou parroquias que formaban un feudo ou territorio señorial e que estaban privilexiadas na exención dalgunhas cargas por pertencer directamente ó señor' (cf. "Dicionario de Dicionarios do galego medieval").
PEDRAFITA (O Aparral)
De "Pedra fita" 'pedra chantada', lugar onde houbo un marco, quer medieval de separación ou talvez un menhir prehistórico.
Os dicionarios galegos inclúen "padrón" e "pedrón" como "Marco; poste de pedra alta e grosa que serve de indicador ou sinal" (cf. L . Carré, DdD).
Igual significado é recollido no portugués antigo:
"marco ou marcos de pedras altas que ainda hoje vemos nos antigos coutos" (cf. Viterbo, "Elucidário", 1798).
Para o apelativo "pedrón", Eladio Rodríguez indica que
"llaman también así nuestros campesinos al menhir".
Aínda que puntualiza Filgueira Valverde en que
“no siempre el topónimo indica un monumento prehistórico, puede tratarse de un miliario, de un hito liminar o sencillamente de una “piedra hita” natural”. Cf. X. Filgueira Valverde e A. García Alén. , 1977. "Inventario de monumentos megalíticos. .."
En calquera caso, aluden a unha pedra singular, un marco, un menhir, un miliario. É análogo ao portugués pedrão o padrão, para os que Machado (DEP) dá a seguinte atestación do século XIV:
“acharom sobre uũ pedram letras escritas dentro da pedra”.
Estes topónimos foron tamén analizados por J. Moralejo coas mesmas conclusións (cf. J. Moralejo, 2007. "Callaica Nomina") con similares conclusións.
Por outro lado, o termo petronus está tamén rexistrado no latín tardío, e Du Cange dálle o significado de acervus lapidum 'morea de pedras' (cf. Du Cange. "Glossarium mediae et infimae latinitatis").
Finalmente, indicar que Corominas apunta a posibilidade de que algún deles remonte en realidade a un celtismo petronu, adxectivo formado sobre petru, que nas linguas celtas é o número "catro", en referencia a unha encrucillada ou xuntanza de catro camiños (cf. Corominas, DCECH, s.v. padrón).
PENA DE EIRIZ, A (Seoane)
De Pinna Agirici, forma en xenitivo de Agiricus, referindo ao nome do antigo posesor do lugar no que queda a pena.
É un nome de orixe xermánica.
PENA DO TIZÓN, A (Goente)
Referido a unha pena, pode que a alusión ao "tizón" sexa anecdótica ou mítica.
Referido a unha pena, pode que a alusión ao "tizón" sexa anecdótica ou mítica.
No entanto, tamén pode tratarse do apelido dun antigo posesor do lugar da pena. De feito, o apelido "Tizón" xa figura atestado en Galiza no século XII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
PENA PORREIRA (Vilavella)
Orixe incerta, posiblemente indicando a forma da pena ou a existencia de "porros" bravos.
Para Navaza, que menciona este topónimo concreto, o termo "porreira" tería o significado transparente de abundancial de porros, lugar onde nacen ou propicio para eles, entendendo porro nun sentido máis xenérico de allos, cebolas, porros, etc. Navaza interpreta en xeral os termos "Porreira", "Porriño", "Porreta", etc, como abundanciais de porro, lugar onde nacen ou propicio para os porros, entendendo porro nun sentido máis xenérico de allos, cebolas, porros, etc (cf. G. Navaza, 2006. "Fitotoponimia galega").
Con todo, queda a dúbida tendo en conta a frecuencia da súa asociación na toponimia coas penas, habendo polo menos seis "Pena Porreira" en Galiza (nas Pontes, en Paderne, na Merca, en Palas de Rei, en Crecente, e en Lousame), dúas Pena Purreira, e tamén dúas "Pena Porrín" (esta no Valadouro e outra na Estrada), ben como unha Pena Purriños en Monterroso.
Sendo unha pena, podemos interpretalo nun sentido metafórico, indicando unha pena redondeada. Este sentido xa está atestado na Idade Media, aplicado como alcume ("Gonçaluo Rodrigues, Cabeça de Porro", 1451).
Por outra banda, García Arias interpreta os topónimos asturianos "El Porréu" e "Porrúa" como en relación á pedra, e observa que "a algunas peñas de cabeza redondeada las llaman porru o porra, en la toponimia, especialmente hacia el oriente". García Arias, no entanto, non o explica metaforicamente pola forma da pena senón como formas derivadas do céltico *purram ‘hinchazón’ (cf. X. L. García "Toponimia Asturiana")
Este lugar figura atestado como "sitio de Pena Quente" no Catastro de Ensenada para O Freixo (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Este topónimo é transparente, e a motivación que levou a referir "Pena Quente" tamén semella transparente, remitindo a un lugar solleiro, situado onde dá ben o sol, debido á súa orientación e mais á falta de arboredo nas súas proximidades.
É un topónimo relativamente frecuente, así hai unha Penaquente en Ortigueira .
PETOUTO, O (Ribadeume)
O apelativo petouto figura nos dicionarios co valor de 'elevación, coto, penedo' (cf. DdD).
A familia de termos petouto, peteiro, petón, petar, teñen orixe prelatina.
É un topónimo relativamente frecuente, así hai unha Penaquente en Ortigueira .
PERCORDEIRO (O Aparral)
Remite a un antigo posesor do lugar, que se chamaría Pero Cordeiro, sendo "Pero" a forma medieval correspondente ao actual "Pedro", e Cordeiro o alcume ou apelido, que debe aludir ao oficio de elaborador de cordas.

Como sobrenome, Cordeiro está xa atestado no século XIII (cf. L. Méndez. "Os sobrenomes nos apelidos").
No veciño concello de Muras atópase O Cordeiro, aludindo tamén a un apelido ou alcume de posesor.
PETOUTO, O (Ribadeume)
O apelativo petouto figura nos dicionarios co valor de 'elevación, coto, penedo' (cf. DdD).
A familia de termos petouto, peteiro, petón, petar, teñen orixe prelatina.
PICHEIRA, A (O Freixo)
Picheira tería o significado é o de "cachón", "pequena fervenza". Así, existen en Galiza as fervenzas chamadas "A picheira da Seara" e "Picheira do Fócaro" en Quiroga, "A Picheira de Vieiros" en Ferramulín (Courel).
Aínda que os dicionarios de galego non rexistran esta acepción, si rexistran "pincheira" e "ficheira" con esta acepción.
O nome "picheira" en portugués é o mesmo que "pichel", xarra para sacar o liquido das cubas de viño.
PIÑEIRO, O (Espiñaredo)
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para Espiñaredo (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para Espiñaredo (1752), ao referir os muíños da freguesía.
O topónimo Piñeiro remite á existencia dunha árbore deste nome.
Tanto neste caso como en xeral na toponimia, é frecuente atopar este nome en singular, o cal pode aludir a un piñeiro illado que constituía unha referencia no territorio, nalgúns casos como linde. Tal como indica Gonzalo Navaza, resulta curioso o feito de ser moito máis frecuente como topónimo a forma simple, Piñeiro, que as formas en plural, Piñeiros, ou as colectivas,. Parece ser que a explicación é que esta árbore se estendeu tardiamente en Galiza, sobre todo desde o século XVIII, e que ata entón xeralmente eran exemplares illados.
Este núcleo de poboación, capital do concello, no uso local chamado simplemente "As Pontes", chamábase Pontes de Eume no século XIII; así, atopamos Pontes de Eume en documentos de 1238, 1244, 1248; tamén figura coa grafía "Pontes de Heume" en 1244, etc (cf. p. 229 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
Nos finais do século XVI aparece como
"Sta. María Daspontes de García Rodríguez" (cf. aquí).
En canto a "García Rodríguez", fai mención ao conde García Rodríguez de Valcarce e Balboa, a quen o rei Henrique II de Castela deu posesión en 1376 das terras do val no que se asenta este concello (cf. E. Rivera Rouco, 1976. "Estudio sobre la historia de Puentes de García Rodríguez y su comarca").
PONTE DE ILLADE (As Pontes)
Ver ILLADE.
PONTOIBO, O (As Pontes)
Podería provir do composto Ponte(m) Upio, sendo Upio un derivado da forma indoeuropea *up- 'auga', a mesma que en lituano deu o apelativo upė 'río', ou do río tracio Upios.
En efecto, este topónimo é incluído por Bascuas no seu estudo sobre os derivados da forma paleoeuropea *up- 'auga', e asígnalle a orixe indicada. Bascuas afirma que no Pontoibo tería lugar a batalla, narrada na Crónica de Afonso III, entre o exército do rei Fruela I e as tropas do corpo expedicionario que Abderramán I de Córdoba mandara contra Galiza, ás ordes do seu fillo Aumar (cf. pp. 191-192 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
Nese estudo, rexeita a lectura Pontumio feita do texto por algúns historiadores, mencionando que as dúas mellores edicións da Crónica, a de Gómez Moreno e a de García Villada, dan as transcricións Pontubio e Pontuuio. Por outro lado, Bascuas rexeita tamén a interpretación de I. Millán quen, coa lectura Pontubio, sitúao á beira do río Eo, talvez preto da actual freguesía de Obe, e indica que non encaixaría por criterios etimolóxicos, concluíndo que o lugar con certeza corresponde co Pontoibo das Pontes.
PORTO, O (Somede)Podería provir do composto Ponte(m) Upio, sendo Upio un derivado da forma indoeuropea *up- 'auga', a mesma que en lituano deu o apelativo upė 'río', ou do río tracio Upios.
En efecto, este topónimo é incluído por Bascuas no seu estudo sobre os derivados da forma paleoeuropea *up- 'auga', e asígnalle a orixe indicada. Bascuas afirma que no Pontoibo tería lugar a batalla, narrada na Crónica de Afonso III, entre o exército do rei Fruela I e as tropas do corpo expedicionario que Abderramán I de Córdoba mandara contra Galiza, ás ordes do seu fillo Aumar (cf. pp. 191-192 de E. Bascuas "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega").
Nese estudo, rexeita a lectura Pontumio feita do texto por algúns historiadores, mencionando que as dúas mellores edicións da Crónica, a de Gómez Moreno e a de García Villada, dan as transcricións Pontubio e Pontuuio. Por outro lado, Bascuas rexeita tamén a interpretación de I. Millán quen, coa lectura Pontubio, sitúao á beira do río Eo, talvez preto da actual freguesía de Obe, e indica que non encaixaría por criterios etimolóxicos, concluíndo que o lugar con certeza corresponde co Pontoibo das Pontes.
PORTO ROIBO, O (Vilavella)
PORTO DOS FRADES (Goente)
PORTO FERREIRO (Espiñaredo)
PORTO LIÑARES (Goente)
Topónimo transparente, referido á existencia dun "porto" de río.
En canto a "porto", os dicionarios de galego rexistran as tres acepcións de porto, tanto a de 'porto de mar' como a de 'vao no río, sitio por onde se pode atravesar' e a de 'garganta por onde se atravesa un monte'.
Por outra banda, aínda que non semella sexa este o caso, é interesante reparar que Ferreira Priegue vencella os Portos con postos nos que se cobraba un portus, unha pasaxe, imposto ao tráfico de mercadorías: "En el imperio romano un portus era un puesto fiscal donde se pagaban impuestos de circulación y tráfico de mercancías (portorium) de tipo de los posteriores peajes y portazgos" (cf. E. Ferreira, 1988. "Los caminos medievales de Galicia").
No Catastro de Ensenada para Vilavella (1752) figura atestado o lugar de "porto Roybo" ao referir os muíños da freguesía.
No Catastro de Ensenada para Goente (1752) figura atestado o lugar de "sitio de Frades" ao referir os muíños da freguesía.
PORTO FRAMIL (microtopónimo da Faeira)
Está atestado no Catastro de Ensenada para A Faeira (1752), ao relatar os límites da freguesía.
De *(portus) Framiri, forma en xenitivo de Framirus, o nome do antigo posesor do porto. É un nome de orixe xermánica. O nome Framirus está atestado no período medieval como Framilo (igual que ocorreu con Ramiro / Ramilo).
Ver a entrada para "PORTO, O" para máis detalles.
PORVELO, O (O Aparral)
Debe aludir ao antigo posesor do lugar, Pero Belo, sendo Pero a forma común medieval do nome Pedro, e Velo ("belo") o apelido ou alcume. É a hipótese máis probable ao tratarse dun núcleo de poboación.
POUPARIÑA, A (O Freixo)
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para O Freixo (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Este núcleo de poboación comparte topónimo coas veciñas "A Poupariña" de Momán e de Ourol.
Tendo en conta o significado portugués de poupa 'bubela' (lat. 'upupa'), Joseph M. Piel, interpretou os topónimos "Poupa" e "Poupariña" como nomes da "bubela", se ben non se mostra convencido (cf. J. Piel, par. 37 de "Über Tiernamen in der hispanischen, insbesondere portugiesischen Toponomastik I ". 1966).
Dado que unha referencia á ave bubela en singular non encaixa moito na toponimia, o máis probábel é que se trate do alcume dunha antiga posesora do lugar. Dada a coincidencia próxima desta Poupariña e da de Xermade, semella plausible pensar que un deles foi o orixinario, en canto que o outro, e tamén o terreo de Ourol, poderían aludir á procedencia do posesor.
Ver artigo blog A Pena da Cataverna sobre "Preguntoiro" para máis detalles.
Temos non lonxe na Capela "Os Preguntoiros", preto da confluencia entre o río Teixido e o Eume.
PREGUNTADOIRO, O (Somede)
O máis probable é que este Preguntadoiro estea etimoloxicamente relacionado cos varios "Preguntoiro" e "Preguntouro" existentes na xeografía galega.
O nome "preguntoiro" deriva do latín medieval præcuntorium, sinónimo de promontorio' (cf. Du Cange).
O topónimo "O Preguntadoiro" debeu ser antigamente "O Preguntoiro" e mudaría por atracción de "preguntar", unha vez que se perdeu a identificación con "promontorio".
Os varios topónimos Preguntoiro existentes na xeografía galega aludirían á situación do lugar nun saínte entre augas, sexa unha zona entre ríos, ou para os costeiros un promontorio. No caso que nos ocupa, está situado entre un meandro do Eume e o regato de Cabalar.
O nome "preguntoiro" deriva do latín medieval præcuntorium, sinónimo de promontorio' (cf. Du Cange).
O topónimo "O Preguntadoiro" debeu ser antigamente "O Preguntoiro" e mudaría por atracción de "preguntar", unha vez que se perdeu a identificación con "promontorio".
Os varios topónimos Preguntoiro existentes na xeografía galega aludirían á situación do lugar nun saínte entre augas, sexa unha zona entre ríos, ou para os costeiros un promontorio. No caso que nos ocupa, está situado entre un meandro do Eume e o regato de Cabalar.
Ver artigo blog A Pena da Cataverna sobre "Preguntoiro" para máis detalles.
Temos non lonxe na Capela "Os Preguntoiros", preto da confluencia entre o río Teixido e o Eume.
RAMALLAL, O (San Pedro de Eume)
Topónimo transparente, que remite a un lugar no cal abundan os ramallos.
Topónimo transparente, que remite a un lugar no cal abundan os ramallos.
REBARDILLE (A Faeira)
Este topónimo foi estudado por Bascuas, quen lle asignou, con dúbidas, unha orixe no tema hidronímico *Ard-, derivado da raíz indoeuropea *er- 'moverse'. Rebardille derivaría de *Ripa Ardili, atestado no 714 como "per ubi intrat aqua de rivulo ardili in flumine Eume".

Aínda que a terminación en -e semella provir dun xenitivo de posesor, Bascuas cre que podería ser continuación de un originario *Ard-ilium, coa final relaxada en -e (cf. p. 58 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
Tería a mesma raíz que o río Arda, afluente do Douro.
Derivado de (uilla) Recemundi, forma en xenitivo de Recemundus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
É importante notar que a orixe xermánica do nome non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Idade Media.
Da mesma orixe, atopamos un Recemunde na Pobra do Brollón, Razamonde en Cenlle, Rozamonde en Cabana de Bergantiños, e Recemonde en Cesuras.
REDONDA, A (A Faeira)Tería a mesma raíz que o río Arda, afluente do Douro.
REBOREDO, O (Vilavella)
REBOREDOS, OS (A Faeira)
REBOREDOS, OS (A Faeira)
O mesmo significado de “carballedo” ou “carballeira”, soamente que neste caso a orixe é no latín robur 'carballo', co sufixo abundancial –edo (do latín -etum), en canto “carballedo” vén de voz prerromana, xunto co mesmo sufixo abundancial romance.
Poderíamos pensar, sobre todo no caso d'Os Reboredos, que remita ao apelido duns antigos posesores do lugar, mais dado que é pouco frecuente na zona, é máis probábel que remita directamente á antiga existencia dunha carballeira no lugar.
RECEMONDE (O Deveso)
Derivado de (uilla) Recemundi, forma en xenitivo de Recemundus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
É importante notar que a orixe xermánica do nome non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Idade Media.
Da mesma orixe, atopamos un Recemunde na Pobra do Brollón, Razamonde en Cenlle, Rozamonde en Cabana de Bergantiños, e Recemonde en Cesuras.
O termo "redonda", alén do seu significado obvio, Martínez Lema indica o uso adicional en galego co significado "zona ou territorio delimitado, que depende e se relaciona cunha poboación, pero que se encontra afastada do centro". Por tanto, neste caso sería sinónimo de alfoz, arrabalde ou barrio, entre outros. Cf. P. Martínez (2010) aquí.
E. Rivas rexistra o seu significado como"zona de terreno delimitado y su documento de apeo con deslindes y demás particulares".
En definitiva, os termos "redondo" e "redonda", como topónimo, indicarían ben a forma do terreo ou ben a súa condición de cercado ou valado, ou constituínte dun couto.
Este topónimo, moi frecuente en Galiza, ademais da acepción evidente de "regadura, o acto de regar", ten outras varias acepcións, a maioría relacionadas con regatos e os vales ou cárcavas polas que discorren, así como por extensión a de "terreo pantanoso".
Tamén é definida como "angostura formada pola unión das faldas de dúas montañas, que costuma ser cauce dun rego.
É xeralmente admitida unha orixe pre-romana, dunha raíz "paleoeuropea" *rek-. Para unha análise etimolóxica ampla de "rego" (cf. E. Bascuas en VERBA n. 27).
REGALADOS, OS (Goente)
Esta orixe antigoeuropea parece reforzarse se temos en conta a existencia do "río Ourubio" (afluente do Navia), no que vemos a mesma raíz Our-, así como a forma -ubio 'auga, río', tamén paleoeuropea, a mesma que está presente en Pontoibo (< * Ponte Ubio).
Non cremos probábel a interpretación de F. Villar e outros autores, que relacionaron este topónimo co latín aureum 'de ouro, dourado' (aínda que Villar interpreta "Ourubio" do mesmo modo que aquí facemos).
RIBADEUME (Ribadeume)
Forma composta de "Riba de Eume", indicando a súa situación a respecto do río Eume. Así figura atestado desde antigo:
Debe remitir ao alcume ou apelido duns antigos posesores do lugar. O apelido Regalado non é frecuente na comarca actualmente, pero puido ser alcume.
Esta é tamén a opinión do filólogo Antón Palacio (cf. A. Palacio, "Antropónimos en topónimos galegos" in Verba 75, 2017).
O Nomenclator recolle un O Chao das Regaladas, nas Grañas (Mañón), que tamén ten toda a apariencia de se tratar do apelido ou alcume do antigo posesor desas terras.
Alternativamente, pode facer referencia ao modo de obtención do lugar, por regalo.
REGODOURO, O (O Freixo)
Topónimo correspondente co sintagma "Rego de Ouro", no cal "Ouro" é probábel que non se refira ao metal senón a un hidrónimo prelatino, igual que ocorre co caso do topónimo río Ouro, o que desemboca en Fazouro (Foz), o cal está documentado na Idade Media como Aurio.
En efecto, a orixe deste topónimo das Pontes, que foi analizado por Bascuas, sería prelatina e estaría na raíz hidronímica indoeuropea *awer- "fluír"(cf. p.184, E. Bascuas, 2014."Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega").
Esta orixe antigoeuropea parece reforzarse se temos en conta a existencia do "río Ourubio" (afluente do Navia), no que vemos a mesma raíz Our-, así como a forma -ubio 'auga, río', tamén paleoeuropea, a mesma que está presente en Pontoibo (< * Ponte Ubio).
Non cremos probábel a interpretación de F. Villar e outros autores, que relacionaron este topónimo co latín aureum 'de ouro, dourado' (aínda que Villar interpreta "Ourubio" do mesmo modo que aquí facemos).
RIBADEUME (Ribadeume)
Forma composta de "Riba de Eume", indicando a súa situación a respecto do río Eume. Así figura atestado desde antigo:
"ecclesia de Riba de Eume ... hereditate de Riba de Eume" 1163;
"Sancta Maria de Rippa Eume", 1164;
"Ripa de Eume" 1186, 1220, 1241;
"Ribba de Eume" 1238;
"Ripa d'Eume" 1250 (cf. p. 229 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
Para a segunda parte deste topónimo, ver "Río Eume".
RÍO BELELLE (Varios)
O nome do río Belelle ten a orixe en (uilla) Bellelli, forma en xenitivo de Bellellus, referindo ao nome do antigo posesor dunha uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
Tal uilla agraria estaría perto do río e teríalle, por tanto, dado o nome.
A evolución do nome é totalmente regular en galego, coa simplificación do dobre -l- latino e coa palatalización do segmento -elli por influxo da yod final.
O antropónimo Bellellus, diminutivo de bellus, é recollido por varios autores, entre eles Piel, quen fai referencia a este topónimo galego (cf. J. M. Piel, "Sobre o sufixo -ellus, -ella no onomástico tardio hispano-latino").
RÍO EUME (Varios)
O río Eume, nome de orixe prerromana, paleoeuropea (indoeuropea, prerromana e pre-celta), tería un significado similar a 'o que vai con máis auga = o máis caudaloso', tal como veremos de seguido.
Conserva este nome polo menos desde hai 13 séculos, cando aparece atestado no ano 714. En efecto, numerosas mencións atópanse rexistradas no Tombo de Caaveiro, entre elas:

flumine Eume 714; rivulo Eume 890; fluvio Eume 914; flumen Eume 933; rivulum de Eume 936; etc (cf. p. 229 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
Bascuas asigna a este topónimo unha orixe indoeuropea paleoeuropea, derivándoo dunha formación composta *Oiw-Ugw-smi > E-ume , sendo o elemento *Oiw(o) procedente raíz indoeuropea *ei- 'ir', sendo unha formación nominal *oi-wo-, mencionada por Pokorny como orixe do antigo irlandés *eva- 'corrente, camiño'. O segundo elemento *Ugw-smi derivaría da raíz indoeuropea *wegw- 'húmedo', co sufixo intensivo ou superlativo -sm-i.
Bascuas relaciona os hidrónimos Eume e Umia, derivando o primeiro da indicada formación atemática en -i, dándose a mesma alternancia que a de Avia/Ave, ou a de Támara/Támaris (>Tambre).
A evolución *Ugwsmi > Eume, coa desaparición do grupo -gws- sería a mesma que a ocorrida en latín con umeo, umor, etc (cf. p. 229 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
Bascuas rexeitou rotundamente a interpretación de Isidoro Millán, dunha evolución *Ponte-de-Ume > *Pontedeúme > Pontedeume, así como *Ripa-de-Ume > *Ribadeúme > Ribadeume (cf. I. Millán, 1987. "Toponimia del concejo de Pontedeume .."). Indica Bascuas,:
"el nombre del río es Eume desde el año 714, se dice Ponte de Eume, Pontes de Eume y Riba de Eume, con plena conciencia de la preposición de + el nombre del río; sólo andando el tiempo se elide la vocal y surge la forma Ponte d'Eume > Pontedeume, etc., tal como ocurre en tantos otros compuestos, como Ribadumia, Ribadulla, Ribadavia, Ribadeo, etc. La hipótesis de Millán está en contra de la documentación y de la normal fusión de elementos en este tipo de formaciones".
Así mesmo, J. Moralejo rexeita esta segmentación "de *Ume" (cf. p. 64 de J. J. Moralejo "Hidronimia prerromana de Gallaecia" in "Onomástica Galega II").
ROIDIZ (Ribadume)
Este topónimo viría de "Roi Diz", referindo a un antigo posesor do lugar. O nome Roi foi inicialmente hipocorístico (forma cariñosa, apócope) de Rodrigo. O apelido Diz provén de Didaci, xenitivo de Didacus (Diego).
É importante notar que a orixe xermánica do nome non indica que o posesor fose desa orixe, xa que estes nomes foron populares na Idade Media.
SA DE ABAIXO (Vilavella)
SA DE ARRIBA (Vilavella)
O topónimo "Sa", moi abundante en Galiza e no Norte de Portugal, e amplamente documentado, tamén coa grafía "Saa", derivaría do xermánico *sala. Así, para J. M. Piel, "sala" tería un significado similar a "casa de campo, casarío, quinta", unha explotación agraria, que incluía a residencia señorial.
Segundo D. Kremer, tería "un significado primario de "casa de liñaxe nobre ou antiga", significado próximo ao latín uilla ou palatium, aos que substituíu” (cf. pp. 133-148 de D. Kremer, "El elemento germánico y su influencia en la historia lingüística peninsular", en "Historia de la lengua española". 2004. Barcelona).
Por outro lado, Roberts e Pastor derívano dunha base preindoeuropea *sel- 'estancia humana', raíz da que derivan termos como o búlgaro antigo selo ‘aldea’, selitva ‘vivenda’, e que orixinaría nas linguas xermánicas *sal- 'habitación, cuarto' (cf. Roberts, E. A. e Bárbara Pastor "Diccionario etimológico indoeuropeo de la lengua española". 1996. Madrid).
SÁNCHEZ, OS (Goente)
Topónimo que remite a unha familia Sánchez, posesora do lugar. É unha formación relativamente frecuente na toponimia galega. Así, neste mesmo concello temos Os Vidás nas Pontes e mais en Somede.
SANGOÑEDO (O Freixo)
Lugar onde abundan os sanguiños (planta).

SEARA, A (As Pontes)
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.
A voz "seara" designa ‘sementeira de cereal’, 'monte de rozas no que se cultiva centeo', así como o de "pedazo de terra cultivada".
O termo "senra" designa unha "porción de terra cultivada, herdade, terreo de cultivo".
Tanto Senra como Seara teñen unha orixe prerromana común, na forma *sénara. Corominas asígnalle unha orixe celta, talvez de sen-ara 'cultivo separado' ou similar (cf. Corominas, DCECH, s.v. serna). E. Bascuas interprétaa tamén como celta, aínda que distinta etimoloxía, a partir de seno co suf. -ara
Ambas as dúas formas,"Seara" e "Senra", son topónimos frecuentes en Galiza. É interesante reparar que, tanto na parroquia de Chavín (Viveiro), como na de Portocelo (Xove), ou na de Insua (Ortigueira ), conviven os dous topónimos, "A Senra" e "A Seara", o cal pode indicar que foron usados con acepcións distintas desde antigo.
Tanto "Seara" como "Senra" son topónimos frecuentes en Galiza.
SEOANE (Espiñaredo)
O nome deste núcleo de poboación, é un haxiotopónimo, derivado de Sanctus Iohannes (San Xoán).
Xa na Idade Media pasaría na pronuncia popular para *Saneoane, e de aí, seguindo a queda do -n- no galego, para "Seoane". Aínda, desa forma, evoluiu para Seivane, Sevane e Savane, todos eles rexistrados na toponimia galega.

Canto á motivación para este topónimo, debe remitir ao apelido do antigo posesor, ou tamén remitir directamente ao haxiotopónimo, por ter habido unha capela desa advocación.
SEXE (O Aparral)
Probablemente derive de (uilla) Sesii, forma en xenitivo de Sesius, ou tamén de (uilla) Sexii, forma en xenitivo de Sexius, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval.
Tanto Sesius (e a variante Sisius) como Sexius son nomes de orixe latina (cf. p. 188 de H. Sollin, "Repertorium nominum gentilium et cognominum Latinorum").
Por outro lado, se reparamos na existencia da localidade de Sesimbra (preto de Lisboa), de etimoloxía prerromana, tampouco podemos desbotar totalmente para Sexe unha etimoloxía alternativa, prerromana, posiblemente tamén ligada a un nome de posesor.
Este topónimo alude a un lugar no que abundan ou crían os "porco teixos", "teixugos" (cf. DdD).
SERRÓN (O Freixo)
Un "serrón", en sentido figurado, indica unha "montaña apuntada e larga", o cal sería tamén este caso, aínda a falta de comprobalo no terreo.
Por veces é máis próxima a metáfora e indica rochas en liña, con varios picos, semellando a forma do serrón.
Por veces é máis próxima a metáfora e indica rochas en liña, con varios picos, semellando a forma do serrón.
SESULFE (Bermui)
De (uilla) Sesulfi, forma en xenitivo de Sesulfus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
Como nos demais casos, é importante notar que a orixe xermánica do nome non indica que o posesor fose desa orixe, simplemente os nomes desa orixe foron populares na Idade Media. O que si nos indica é a antigüidade do lugar, tendo en conta que tales nomes deixaron de usarse a partir do século XI (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
Comparte etimoloxía coa freguesía de Sezulfe, no norte de Portugal.
De (uilla) Sesulfi, forma en xenitivo de Sesulfus, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica.
Como nos demais casos, é importante notar que a orixe xermánica do nome non indica que o posesor fose desa orixe, simplemente os nomes desa orixe foron populares na Idade Media. O que si nos indica é a antigüidade do lugar, tendo en conta que tales nomes deixaron de usarse a partir do século XI (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)").
Comparte etimoloxía coa freguesía de Sezulfe, no norte de Portugal.
SEXE (O Aparral)
Probablemente derive de (uilla) Sesii, forma en xenitivo de Sesius, ou tamén de (uilla) Sexii, forma en xenitivo de Sexius, referindo ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval.
Tanto Sesius (e a variante Sisius) como Sexius son nomes de orixe latina (cf. p. 188 de H. Sollin, "Repertorium nominum gentilium et cognominum Latinorum").
Por outro lado, se reparamos na existencia da localidade de Sesimbra (preto de Lisboa), de etimoloxía prerromana, tampouco podemos desbotar totalmente para Sexe unha etimoloxía alternativa, prerromana, posiblemente tamén ligada a un nome de posesor.
SISTO, O (Ribadeume)
Para Díaz Fuentes, "Sisto" sería unha "parada nun camiño" (cf. Díaz Fuentes, no seu traballo sobre a comarca de Sarria).
Outra interpretación é como referencia a un posuidor medieval chamado Sistus. Así ocorre nalgúns casos documentados (cf. L. Ávarez "El Tumbo de San Julián de Samos"). Porén, os varios topónimos "Sistelos", "Sistelo" e "Sistelín" existentes parecen descartar esta unha orixe antroponímica e apontar máis para a interpretación de Díaz Fuentes ou similar.
Alternativamente, hai quen refire ao reparto de terras, a sextos, na época sueva (cf. I. Millán, "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz". 1987).
SOLLOSO (O Freixo)
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para O Freixo (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Para Díaz Fuentes, "Sisto" sería unha "parada nun camiño" (cf. Díaz Fuentes, no seu traballo sobre a comarca de Sarria).
Outra interpretación é como referencia a un posuidor medieval chamado Sistus. Así ocorre nalgúns casos documentados (cf. L. Ávarez "El Tumbo de San Julián de Samos"). Porén, os varios topónimos "Sistelos", "Sistelo" e "Sistelín" existentes parecen descartar esta unha orixe antroponímica e apontar máis para a interpretación de Díaz Fuentes ou similar.
Alternativamente, hai quen refire ao reparto de terras, a sextos, na época sueva (cf. I. Millán, "Toponimia del concejo de Pontedeume y cartas reales de su puebla y alfoz". 1987).
SOLLOSO (O Freixo)
Este lugar figura atestado no Catastro de Ensenada para O Freixo (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Remite a un(terreo) solloso ("soleado"), lugar abrigado onde dá o sol, situado no lado sur dunha montaña ou encosta.
O Nomenclator rexistra temén o "río Solloso", afluente do Sor, así como outros "Solloso" no Valadouro, no Vicedo e en Viveiro.
SOMEDE (Somede)
Haxiotopónimo, con orixe en "San Mamede", o nome do patrón da freguesía.
A evolución "San Mamede" > Samamede > Samede > Somede sería a normal en galego, con haploloxía das sílabas -ma-me-, e con labialización da vogal pretónica en contacto coa consoante bilabial, tal como acontece por exemplo en semana>somana, fenómeno ocorrente xa no medievo.
SUCADÍO (O Freixo)
O termo sucadío sería un derivado de "sucado", tal como labradío deriva de labrado.
O apelativo suco vén do latín sulcus. No dicionarios ven "asucar" como "facer sucos para sementar trigo ou centeo”, en canto que "sucada" ou "sucado" é a ‘leira ou terreo na que se abriron sucos’.
SUAERMIDA (Somede)
SUAPENA (O Freixo)
SUARRIBA (Somede)
SUSEIXO (O Freixo)
Formas compostas equivaentes, respectivamente a Su A Ermida, Su A Pena, Su A Riba e Su Seixo.
A preposición "su", derivada do latín sub, é polo xeral interpretada co significado de "debaixo de". Porén, para sermos precisos, debe entenderse como "ao pé de"; ou sexa, "a carón de", "pola parte de baixo de", "debaixo e pegado a " (cf. J. Gª Sánchez. "El elemento 'sub' (>so) en toponimia. Reconsideración de su valor").
TEIXOEIRAS, AS (Espiñaredo)O Nomenclator rexistra temén o "río Solloso", afluente do Sor, así como outros "Solloso" no Valadouro, no Vicedo e en Viveiro.
SOMEDE (Somede)
Haxiotopónimo, con orixe en "San Mamede", o nome do patrón da freguesía.
A evolución "San Mamede" > Samamede > Samede > Somede sería a normal en galego, con haploloxía das sílabas -ma-me-, e con labialización da vogal pretónica en contacto coa consoante bilabial, tal como acontece por exemplo en semana>somana, fenómeno ocorrente xa no medievo.
SUCADÍO (O Freixo)
O termo sucadío sería un derivado de "sucado", tal como labradío deriva de labrado.
O apelativo suco vén do latín sulcus. No dicionarios ven "asucar" como "facer sucos para sementar trigo ou centeo”, en canto que "sucada" ou "sucado" é a ‘leira ou terreo na que se abriron sucos’.
SUAERMIDA (Somede)
SUAPENA (O Freixo)
SUARRIBA (Somede)
SUSEIXO (O Freixo)
Formas compostas equivaentes, respectivamente a Su A Ermida, Su A Pena, Su A Riba e Su Seixo.
A preposición "su", derivada do latín sub, é polo xeral interpretada co significado de "debaixo de". Porén, para sermos precisos, debe entenderse como "ao pé de"; ou sexa, "a carón de", "pola parte de baixo de", "debaixo e pegado a " (cf. J. Gª Sánchez. "El elemento 'sub' (>so) en toponimia. Reconsideración de su valor").
TEIXEDELOS (San Pedro de Eume)
Diminutivo plural de "teixedo", lugar poboado de teixos, árbore conífera de nome científico Taxus baccata.
Diminutivo plural de "teixedo", lugar poboado de teixos, árbore conífera de nome científico Taxus baccata.
Este topónimo alude a un lugar no que abundan ou crían os "porco teixos", "teixugos" (cf. DdD).
TELLEIRA, A (Espiñaredo)
Lugar onde fabricaban tellas, aproveitando as terras barrentas do lugar.
TERBÁ (Faeira)
Consérvanse atestacións antigas deste lugar, que foi estudado por Bascuas, quen cita un documento do ano 936, no cal aparece como (uilla) Tiuirai. A partir disto, deriva unha orixe en (uilla) Tibirani, forma en xenitivo de Tibiranus, nome do antigo posesor, nome de orixe prelatina (cf. p. 114 de E. Bascuas "Hidronimia y léxico de origen paleoeuropeo en Galicia").
TORRE, A (Bermui)
O termo "torre", frecuente na toponimia galega, non remite estritamente a torres, senón a casas torre, casas fidalgas ou casas grandes, de labradores ricos.

Menéndez de Luarca (2000: 233-234) considera que case todos os 456 topónimos de "torres" poden ser atribuídos ao final da Idade Media (séculos XIV-XV), pois, aínda que algúns sexan de orixe máis antiga, serán reaproveitados con gran frequencia no final da Idade Media.
TORRILLÓN, O (O Freixo)
Este topónimo provén do latín turrilione, diminutivo de "torre". Xa que logo, Torrillón alude a unha torre de pequenas dimensións. e podería ter sido unha torre de vixilancia, ou ben restos de castro... E de feito, existe o "Castro do Torrillón", que sería portanto unha suposta tautoloxía, fenómeno relativamente frecuente na toponimia.

TRAMBASMERAS (O Deveso)
De "Entre ambas Meras", referido ao río Mera.
O río Mera moi probablemente corresponda co río Mearos que menciona Ptolomeo, e que situaría entre o cabo Ortegal e o río Navia (1).
Tamén o Vale de Mera xa está atestado con ese nome no ano 966, nun documento do bispo Sisnando (2).
O nome ten unha orixe hidronímica paleoeuropea (3). Aínda que son varias as raíces *mer- que identifica Pokorny coas cales podería corresponder, podemos supor a raíz indoeuropea *mar- /mor- ‘auga detida’, relacionada así mesmo, entre outros, co nome de lugar Meira.
Esta é a orixe plantexada por Rosa Pedrero, quen lle asigna esta raíz para os elementos hidronímicos prerromanos *mir- e *mer- (4). Similarmente Rivas asígnalle a orixe na raíz *m'r- 'auga' (5).
É interesante notar que o galego preservou o apelativo "mera" 'néboa moi húmida' (6), que tería igual orixe indoeuropea.
Notas:
(1) - cf. Ptolomeo, II.6.4; identificación que realiza Schulten (cf. p. 93, "Geografía y Etnografía Antiguas de la Península Ibérica").
(2) - cf. Tombo de Sobrado.
(3) - cf. p. 123 de E. Bascuas, 2002. "Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega".
(4) - cf. R. Pedrero,1996. "El hidrónimo prerromano Mira".
(5) - cf. E. Rivas, 1982. "Toponimia de Marín".
(6) - Di o dicionario de Eladio Rodríguez “Distínguese la mera de la brétema en que es generalmente más húmeda, más espesa y anda más a ras de tierra, por eso se la considera más dañina” .
TRAS DO FEAL (Bermui)
Lugar situado tras do feal. Un "feal" indica un herbal, un terreo que produce "feo" (cast. heno) (cf. DdD).

TRASTOI (Vilavella)
De (uilla) Trastoi, referindo Trastoi ao nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe xermánica, composto polo tema Trast-, coa mesma orixe que o gót. þrafstjan 'consolar', e mais o controvertido sufixo -oi.
Como nos demais casos, é importante notar que a orixe xermánica do nome non indica que o posesor fose desa orixe, simplemente os nomes desa orixe foron populares na Idade Media. O que si nos indica é a antigüidade do lugar, tendo en conta que tales nomes deixaron de usarse a partir do século XI (cf. A. Boullón, 1999. "Antroponimia medieval galega (ss. VII-XII)")

UCEIRA, A (Somede)
Un "ucedo", "uzal" ou "uceira" designa un monte ou terreo poboado de uces (cf. DRAG).
VACARIZA, A (As Pontes)
O termo "vacariza" é recollido polos dicionarios de galego co significado de "curtidoría de peles" (cf. DdD).
Este lugar aparece atestado no Catastro de Ensenada para as Pontes (1752), figurando o "marco da Vacariza".
VALIÑA, A (Somede)
Figura atestado como "sitio de valiña" no Catastro de Ensenada para As Pontes (1752), ao referir os muíños da freguesía.
Unha "valiña" designa un"vale" pequeno, por veces un lugar chan nunha encosta. O termo "vale" era de xénero feminino antigamente, de aí a forma deste diminutivo.
VIADOR (Vilavella)
De (uilla) Venatorii, forma en xenitivo de Venatorius, o nome do antigo posesor da uilla (granxa, casal, expotación agraria) altomedieval. É un nome de orixe latina.
VIDÁS, OS (As Pontes, Somede)
Plural de Vidal, facendo referencia a unha familia de apelido Vidal, que serían os antigos posesores do lugar.

É unha formación relativamente frecuente na toponimia galega. Así, neste mesmo concello temos Os Sánchez en Goente.
VILAR (O Freixo)
VILAR (O Freixo)
VILAR, O (A Faeira, Vilavella)
VILARIÑO (O Deveso)
VILARMAIOR (O Freixo)
VILARNOVO (As Pontes)
VILARIÑO (O Deveso)
VILARMAIOR (O Freixo)
VILARNOVO (As Pontes)
O termo "vilar" inicialmente indicaba unha explotación agraria situada na estremeira dunha uilla, da cal se iría progresivamente escindindo ou esguizando ata adquirir entidade propia" (cf. p. 221 de C. Baliñas, "Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na Alta Idade Media (séculos VIII e IX)"). É moi probábel que na orixe de moitos dos topónimos baseados en "vilar" ou derivados proveñan de significados de carácter agronímico, máis que de núcleos habitados.
Porén, na actualidade, os dicionarios refiren a un "caserío", "aldea pequena, lugar pequeno", se ben tamén recollen o termo como "conxunto de terras a labradío, cercadas ou pertencentes a varios donos". Elixio Rivas rexistra en Vilalba a acepción "Conjunto de fincas que siguen los mismos cultivos, polígono de labradíos", e F. Rodríguez nesa mesma zona: "heredad grande, que descansa y se aplica a centeno [...], de varios partícipes". Unha acepción do dicionario de L. Carré, que pasou logo para outros posteriores, foi 'campo en barbeito ou restreva despois de recollido o froito'.
Cf. DdD.
VILAVELLA, A (As Pontes)
Topónimo transparente. Vilavella foi o emprazamento orixinal da freguesía das Pontes.
VILAVELLA, A (As Pontes)
Topónimo transparente. Vilavella foi o emprazamento orixinal da freguesía das Pontes.
VILERMA, A (Ribadeume)
De "Vila Erma". En galego, o adxectivo "ermo" aplicado a un lugar indica un sitio vougo, deshabitado e sen cultivar (cf. DdD). Provén do latín eremus 'deserto, solitario, inculto'.
VISO, O (A Faeira)
Referido a "altura, lugar elevado, con boa vista".
XARELO, O (O Deveso)
Probablemente de orixe prerromana, podería ser un hidrónimo, emparentado cos nomes de rios como "Xario" (afl. do río Baxoi, Betanzos) e "Xares" (afl. do río Bibei), indicados e.g. por Carlos Búa (cf. C Búa, "Toponimia prelatina de Galicia"). Similarmente, segundo Bascuas este Xarelo podería pertencer á serie de topónimos de orixe prerromana que incluiría, entre outos, Xar (Lalín), río Xares (afl. do Sil), río Xario, As Xarelas (Meis). Todos eles serían formacións a partir do tema hidronímico paleoeuropeo *ya- con alongamento -r-, e derivado da raíz indoeuropea *ei- 'ir' (cf. E. Bascuas, 2014."Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega": 362-363).

Con todo, podemos tamén interpretalo como diminutivo de xara (arbusto), Bascuas tamén indica esta posibilidade.Na mesma liña, podería ser diminutivo de "xaral" (e de *xaralelo > xarelo, por haploloxía das sílabas -le-lo-).
Topónimo transparente, referindo a un lugar onde abundan as xestas, que denomina varias especies arbustivas, xeralmente a de nome científico Cytisus scoparius.